Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

Responder ó comentario

PSICOMOTRICIDADE NA CASA

 

DESPOIS DUNS DÍAS DE DESCANSO, RETOMAMOS AS ACTIVIDADES NA WEB, E ENTRE ELAS, A PSICOMOTRICIDADE!

  

A proposta de hoxe vén chea de animais, así que comezamos quentando o noso corpiño coa cantiga “El cha cha cha del cocodrilo” Lembrade que de cada vez que repetimos a cantiga non dicimos un animal!! que niguén se equivoque!!!! A cativada do cole coñece moi ben esta cantiga e desfruta moitísimo con ela, a excepción de 4º EI, que nunca a bailamos, pero penso que agora xa están preparados para facelo. Seguide os xestos coa axuda do vídeo e a desfrutala xuntos, maiores e peques!! (Premede no título da cantiga para ver o vídeo).

 

Os xogos de hoxe están encamiñados a mellorar a psicomotricidade grosa, fortalecendo a musculatura de pernas e brazos, reforzando o equilibrio e aumentando a resistencia cardiovascular.

 

Xogamos a desprazarnos como animais. Atentas e atentos ás instrucións:

 

  1. Saltos de coello: de pé cos pés xuntos, mantendo a espalda recta. Dobla os xeonllos e leva as mans á cabeza formando a orelliñas. Salta cos dous pés avanzando, retrocedendo e de lado a lado.

  2. Rastreos de oso: Ponte a catro patas coas mans separadas ao ancho dos hombreiros e as cadeiras elevadas, non tocamos o chan cos xeonllos. Percorremos o corredor da casa rastreando. Coidado, pode quedar algún coello despistado que o oso queira papar!!

  3. Camiña coma o parrulo: Coloca os pés lixeiramente separados, doblando os xeonllos nunha posición de sentadilla. Coloca os brazos no interior das pernas, sostendo o nocello equerdo coa man esquerda e o nocello dereito coa man dereita. Camiña así cara adiante e cara atrás.

  4. Paso de cangarexo: séntate no chan cos pés apoiados. Coloca as mans planas no chan lixeiramente detrás do corpo. Cos xeonllos dobrados eleva as cadeiras e agora camiña cara atrás.

Se os adultos acompañamos á cativada facendo con eles os movementos, a actividade resultará moito máis divertida e así os maiores tamén facemos algo de exercicio. Así que a divertirse familia!!!

 

Non esquezades rematar a sesión relaxándovos cunha música tranquila, que pode ser esta, por exemplo: “Durme meu neniño” do libro cd de Cé Orquestra Pantasma “Os fíos do querer”:

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
durmemeunenino.wav17.19 MB

Responder

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
6 + 2 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.


by Dr. Radut