Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

Suxestións para tempo de lecer

FESTIVAL DE CANS 2022

 PREME NA IMAXE PARA VER O PROGRAMA DO FESTIVAL.

FÍXATE EN MINICANS ( PROGRAMA ESPECIAL PARA NENOS )

 

 

o mercado da arte

MUSEO MASSO

CONTACONTOS DE RAQUEL QUEIZÁS NA BIBLIOTECA MINICIPAL DE NIGRÁN (NA BIBLIOTECA NOVA)

MARTES 26 DE ABRIL DE 2022 ÁS 18:00 H NA BBIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE NIGRÁN ( na nova).

ACTIVIDADE DE RAQUEL QUEIZÁS PARA NENOS/AS A PARTIR DE 5 ANOS. 

Dentro do programa LER CONTA MOITO, teremos unha sesión de Conta Contos da man de RAQUEL QUEIZÁS: " O eco das pedras. As lendas que nos fan pobo". Unha narración oral dirixida a público familiar con nenos e nenas a partir de 5 anos.

Terá unha duración  aproximada dunha hora, onde coñeceremos historias lendarias protagonizadas por mouras e nubeiras, mulleres con poder e decisión.

 

CONTOS EN CUEIROS: 28 DE ABRIL RAQUEL QUEIZAS

O próximo xoves 28 de abril, ás 18 horas, poderemos disfrutar dunha nova sesión especial dirixida aos máis pequenos da casa. Nesta ocasión contaremos co espectáculo Nano canta croaca cargo de Raquel Queizásque terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar, para nenos e nenas de 0 a 3 anos.

A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala. A entrada será, coma sempre, de balde e cumprindo coas medidas sanitarias de seguridade.

Criterios de inscrición

Contamos cun aforo limitado a 25 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do martes 26 de abril contosencueiros@gmail.com e facilitar:

– o nome do bebé
– o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2018 ou despois
– o nome da persoa adulta que o vai acompañar
– un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
– en caso de ser socios/as, o nome do socio/a

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza.

Animádevos a participar!

 

FEIRA DO LIBRO EN NIGRÁN

PRESENTACIÓN DO LIBRO AGARIMO DE GERARDO COLLAZO

Distribuir contido


by Dr. Radut