Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

CORONAVIRUS. TEMPO EN FAMILIA

PSICOMOTRICIDADE NA CASA

AQUÍ DEIXAMOS UNHA NOVA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE PARA FACER EN FAMILIA:

Para empezar quentamos con música das bandas sonoras de Superman, Indiana Jones, a Guerra das Galaxias, etc e xogamos a ser superheroes, exploradores, manexar as espadas láser, etc. Podemos poñernos toallas a modo de capa. Así corremos, reptamos, andamos a catro patas... o que a música nos inspire a facer. 

A continuación facemos un circuito de equilibrios con material que teñamos pola casa: cintos de albornoz, latas de conserva, banquiños e cadeiras baixas, coxíns e incluso rolos de papel hixiénico.

Para rematar relaxámonos escoitando música relaxante.

Esperamos que vos gusten estas actividades e que vos sexan de proveito!!!

Grazas a Lara por seguir facendo estas propostas!!

English 4

RECOMENDACIÓNS PARA EDUCACIÓN INFANTIL DENDE PT

OLA FAMILIAS!

A PROFE ANA ENVÍANOS ESTA INFORAMCIÓN CON ACTIVIDADES E XOGOS DIVERTIDOS PARA FACER NA CASA!

A DESFRUTALOS!

 

PROPOSTAS DE LUNS

HOXE PROPOÑEMOS TAMÉN ESTAS ACTIVIDADES:

  • XOGAR COA AUGA: Facemos auga de cores con colorantes alimentarios ou con pinuras, xogamos a mesturar as cores... e a trasvasar o contido en diferenten recipientes observando así o espazo que ocupa a auga segundo a forma e a capacidade do recipiente... Incorporar materiais como pedriñas, botóns, tapas de botellas, corchos... para comprobar se flotan ou non. Podemos logo xogar a pescar os que flotan cun coador.

  • SEPARAR MATERIAIS: separar macarróns, lentellas, garbanzos, fabas... e podemos tamén contalos. 

A DESFRUTAR FAMILIAS!

 

 

 

UNHA OCA MOI ESPECIAL

AQUÍ TEDES UN XOGO BEN DIVERTIDO, UNHA OCA MOI ESPECIAL CON MULTITUDE DE PROBAS DIVDERTIDAS!!

A PASALO BEN!!

 

SESIÓN DE PSICO EN FAMILIA

DEIXAMOS AQUÍ OUTRA SESIÓN DE PSICO QUE PODEDES FACER EN FAMILIA. GRAZAS LARA POR SEGUIR APORTANDO IDEAS!

QUENTAMENTO: "O cabaliño" do libro cd "Fíos do querer" de Cé Orquestra Pantasma.

Trotamos xuntos polo espazo ao ritmo da música. 

 

  • XOGO DO ESCONDITE.
  • A MESA: Boca arriba. Mans e pés apoiados no chan e cu e espalda arriba. Aguantamos 15 segundos.
  • A BICICLETA: Un fronte a outro facemos tocar os pés no aire. Hai que facer forza un contra outro.
  • CARREIRA DE TAPAS: coas tapas de brick de leite, soplamos e a ver quen chega máis lonxe.
  • SOPLAMOS BOLAS DE PAPEL con palliñas. Facemos carreira tamén.
  • FACEMOS VOAR UNHA SERVILLETA: Coa servilleta á altura da bca, soplan para ver como se levanta.

ESTIRAMENTOS E RELAXACIÓN. Tumbados no chan boca arriba. colocamos as mans na barriga e sentimos como sobe e baixa.

 

 

English 3

English 2

- DECORA O ARCO DA VELLA -

Ola familias:

 

Propoñémosvos unha actividade para axudarvos a levar mellor esta corentena. Seguro que moitos de vós vistes o arco da vella que está a decorar moitas xanelas, verdade? Pois a nosa proposta é: deixámosvos unha plantilla(por se a queredes descargar) para que a fagades cos peques, debemos poñer:

  • O voso nome.
  • slogan  (“eu quedo na casa”).
  • Unha palabra de ánimo(en galego)
  • Facer o noso arco da vella sensorial; tacto, vista, gusto, olfacto, oído (como fixemos co adorno de Nadal), non teñen que estar todos  os sentidos presentes.

Cando o teñades listo podedes mandarnos unha foto polo Facebook “E.E.I  As Dunas” ou ao e-mail: audiylin@gmail.com.

Cando termine a corentena faremos unha exposición e montaremos un libro de recordo.

 

Que vos parece?

Animádesvos?

Moito Ánimo!!!!!

 

MATERIAIS VARIOS

A PROFE ANA DÉIXANOS AQUÍ MATERIAIS DIVERSOS QUE PODEMOS EMPREGAR ESTES DÍAS COA CATIVADA.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut