Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

CORONAVIRUS. TEMPO EN FAMILIA

English 11

English games, songs and tales  11

 

SeladoHello children!!! I`d like to tell you

a very nice story. It is about a boy and a Dragon: J. Paper and his best friend Puff the Magic Dragon.But before all,before the tale, we have to watch several video cartoon songs and this is going to be the first one.Thanks and I hope to see you soon and you like.

With my best wishes

Teacher Juan

COMECOCOS E PSICO

 
COÑECEDES ESTE XOGO, O COMECOCOS?? SEGURO QUE MAMÁ OU PAPÁ SÍ QUE O COÑECEN!
QUE VOS PARECE SE HOXE FACEMOS UN POUCO DE PSICO CON ESTE XOGO? PARA ELO SÓ TEMOS QUE FACER UN COMECOCOS. DÉIXOVOS MÁIS ABAIXO UN TITORIAL POR SE ALGUÉN NON RECORDA BEN COMO FACELO.
UNHA VEZ FEITO SÓ TEMOS QUE DECORALO E ESCRIBIR DENTRO AS PROBAS QUE HAI QUE FACER. POR EXEMPLO:
  • DÁ 10 SALTOS Á PATA COXA
  • SOPRA UNHA BOLIÑA DE PAPEL POLO CHAN ATA A COCIÑA
  • LANZA UNHA PELOTA AO AIRE MENTRES DÁS 3 PALMADAS
  • BAILA A TÚA CANTIGA PREFERIDA
  • XOGA DE NOVO!
  • CAMIÑA 30 PASOS NAS PUNTIÑAS DOS PÉS
  • CAMIÑA 30 PASOS NOS TALÓNS
  • DESPRÁZATE REPTANDO ATA O TEU CUARTO

ESTAS SON SÓ ALGUNHAS IDEAS, PODEDES ESCRIBIR AS QUE SE VOS OCORRAN!!

XA ME CONTAREDES SE VOS GUSTOU O XOGO!!!

COMECOCOS

 

SEMANA DO LIBRO

OLA FAMILIAS!

COMO SABEDES O 23 DE ABRIL É O DÍA DO LIBRO, E NA ESCOLA TEMOS POR COSTUME CONMEMORAR UNHA SEMANA ENTEIRA DE ACTIVIDADES PARA FESTEXAR ESA DATA.

TIÑAMOS MOITAS COUSAS INTERESANTES PREPARADAS, QUE TERÁN QUE ESPERAR... PERO HAI OUTRAS COAS QUE PODEMOS CONTINUAR DENDE A DISTANCIA.

UNHA DELAS É CONVIDARVOS A QUE CONTEDES UN CONTO DENDE A CASA.O CONTO PODE CONTALO O NENO OU NENA, A FAMILIA, TODOS XUNTOS, UN FAMILIAR... COMO VOS APETEZA!

O IMPORTANTE É PARTICIPAR E DISFRUTAR!

 

GRAZAS A TODOS DE ANTEMÁN E OS QUE QUEIRADES PARTICIPAR ENVIADE O VIDEO AO SEGUINTE ENDEREZO:

colmenerofeijooyolanda@gmail.com

UNHA ENCURTA PARA REFLEXIONAR

QUE TAL UNHA ENCURTA PARA REFLEXIONAR? Entrañable historia sobre a solidariedade e sobre como nos podemos axudar os uns aos outros.


(preme na imaxe)

 

PSICOMOTRICIDADE NA CASA

 

DESPOIS DUNS DÍAS DE DESCANSO, RETOMAMOS AS ACTIVIDADES NA WEB, E ENTRE ELAS, A PSICOMOTRICIDADE!

  

A proposta de hoxe vén chea de animais, así que comezamos quentando o noso corpiño coa cantiga “El cha cha cha del cocodrilo” Lembrade que de cada vez que repetimos a cantiga non dicimos un animal!! que niguén se equivoque!!!! A cativada do cole coñece moi ben esta cantiga e desfruta moitísimo con ela, a excepción de 4º EI, que nunca a bailamos, pero penso que agora xa están preparados para facelo. Seguide os xestos coa axuda do vídeo e a desfrutala xuntos, maiores e peques!! (Premede no título da cantiga para ver o vídeo).

 

Os xogos de hoxe están encamiñados a mellorar a psicomotricidade grosa, fortalecendo a musculatura de pernas e brazos, reforzando o equilibrio e aumentando a resistencia cardiovascular.

 

Xogamos a desprazarnos como animais. Atentas e atentos ás instrucións:

 

  1. Saltos de coello: de pé cos pés xuntos, mantendo a espalda recta. Dobla os xeonllos e leva as mans á cabeza formando a orelliñas. Salta cos dous pés avanzando, retrocedendo e de lado a lado.

  2. Rastreos de oso: Ponte a catro patas coas mans separadas ao ancho dos hombreiros e as cadeiras elevadas, non tocamos o chan cos xeonllos. Percorremos o corredor da casa rastreando. Coidado, pode quedar algún coello despistado que o oso queira papar!!

  3. Camiña coma o parrulo: Coloca os pés lixeiramente separados, doblando os xeonllos nunha posición de sentadilla. Coloca os brazos no interior das pernas, sostendo o nocello equerdo coa man esquerda e o nocello dereito coa man dereita. Camiña así cara adiante e cara atrás.

  4. Paso de cangarexo: séntate no chan cos pés apoiados. Coloca as mans planas no chan lixeiramente detrás do corpo. Cos xeonllos dobrados eleva as cadeiras e agora camiña cara atrás.

Se os adultos acompañamos á cativada facendo con eles os movementos, a actividade resultará moito máis divertida e así os maiores tamén facemos algo de exercicio. Así que a divertirse familia!!!

 

Non esquezades rematar a sesión relaxándovos cunha música tranquila, que pode ser esta, por exemplo: “Durme meu neniño” do libro cd de Cé Orquestra Pantasma “Os fíos do querer”:

 

 

 

 

 

XA ESTAMOS DE VOLTA NA PÁXINA WEB!!

OLA A TODOS E TODAS!! XA ESTAMOS DE VOLTA POR AQUÍ. QUE TAL ESTADES?? COMO PASASTES ESTES DÍAS DE EXTRAÑAS VACACIÓNS??? ESPERAMOS QUE BEN...

HOXE DEIXAMOS UNHA PROPOSTA DE MANUALIDADE DE PRIMAVERA: ADORNOS FLORAIS, PAXARIÑOS, MUIÑOS DE VENTO, CASIÑAS DE PAXAROS, ETC CON MATERIAL DE REFUGALLO. PODEDES DECORAR CON ELES AS VOSAS CASAS E TAMÉN, SE ALGUÉN QUERE, PODE FACER ALGÚN PARA LEVAR Á HORTA DE LOLA CANDO VOLTEMOS AO COLE, QUE VOS PARECE?? SEGURO QUE A LOLA LLE VAI ENCANTAR ENCHER A HORTA COS VOSOS ADORNOS PRIMAVERAIS!!!

ÁNIMO E MANS Á OBRA!!!!

DEIXAMOS AQUÍ ALGUNHA IDEA, AÍNDA QUE SEGURO QUE A VÓS SE VOS OCORREN IDEAS MELLORES!!


IDEAS PARA FACER NA CUARENTENA

A FAMILIA DE CLAUDIA QUERE COMPARTIR ESTAS RECOMENDACIÓNS DUNHA PSICÓLOGA, PARA VENCER AO CORONAVIRUS E VENCER TAMÉN AO ABURRIMENTO.

GRAZAS POR COMPARTILO!

Pinchade no arquivo adxunto para abrilo.

 

- OPCIÓNS PARA ESTES DÍAS DE CORENTENA -

PARA FACERVOS MÁIS AMENOS E DIVERTIDOS ESTES DÍAS, PROPOÑÉMOSVOS AS SEGUINTES OPCIÓNS:

  • A AGASP convoca un concurso de debuxos para que os nenos e nenas galegos trasladen á Policía e á Garda Civil os seus ánimos e agradecemento. A AcademiaGalega de Seguridade Pública (AGASP) ven de convocar un concurso de debuxos para todos os escolares galegos. A finalidade é que poidan amosar o agradecemento aos corpos e forzas de seguridade, e que mediante o debuxo os nenos e nenas poidan transmitirlle ánimos tanto á Policía Nacional, Policía Local, Policía Autonómica e Garda Civil, os cales reciben formación permanente na Academia.

TEDES AQUÍ TODA A INFORMACIÓN

  • O Concello de Nigrán abre un canal para os nenos e nenas do municipio con contacontos, música, maxia, manualidades... Aí encontraredes a: Donde viven los cuentos, Peter Punk, Mago Midas, Volvoreta e Voltereta... Esperamos que os disfrutedes. Para suscribiros e recibir todas as novas:

DESDE NIGRÁN PACIENCIA CARIÑO E CALMA

O EQUIPO EDUCATIVO DA ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL "AS DUNAS" MÁNDAVOS UNHA APERTA MOI GRANDE, PRONTO ESTAREMOS DE VOLTA VIVINDO NOVAS E MARABILLOSAS AVENTURAS.

Distribuir contido


by Dr. Radut