Skip to Content

Escolares

NOTA INFORMATIVA

Estimadas familias:

Ante a aprobación de medidas excepcionais baixo a situación de Estado de Alerta polos efectos da pandemia do Coronavirus e, amparándonos nas recomendacións das Autoridades sanitarias así como as derradeiras das Autoridades políticas, tanto Autonómica (hoxe ás 15:00h) como Estatal (Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo), que aconsellan encarecidamente a todos/as cidadáns quedar na casa  e a restrición máis estrita posible dos contactos entre persoas, queremos comunicarvos (agora si, por fin) que por ser o noso un centro de 6 Unidades permanecerá pechado durante o período de suspensión da actividade lectiva.

Durante este período manteremos na medida do posible, dada a idade do noso alumnado, actividades educativas de diversa índole que vos faremos chegar a través do noso blog e da aplicación Remind. O equipo docente de cada nivel organizará e consensuará estas actividades.

 Tamén, por esta causa, interrómpense os prazos para a tramitación da admisión de alumnado para o curso 2020/21 reanudándose no momento que finalice esta situación.

No caso de persistir esta situación máis alá do previsto actualmente, comunicarémolo por este mesmo medio. Estade atentos/as ao blog.

Esperamos polo ben de todos/as que isto se regularice o antes posible para poder retomar a nosa labor da mellor maneira posible e continuar o desenvolvemento do curso con normalidade.

Agardamos vervos pronto en condicións de seguridade. Sede prudentes.

Un afectuoso saúdo.
A Dirección

BLOG: http://escolafinacasalderrey.blogspot.com/
BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2020/03/14/pdfs/BOE-A-2020-3692.pdf
@: eei.fina.casalderrey@edu.xunta.es

Para disfrutar en familia

Ola familias:

Como sabedes, ampliouse 15 días máis o prazo da situación de Estado de alerta. Esperamos entre todos poder vencer esta situación o antes posible e para iso debemos ter moi en conta o lema: #yomequedoencasa.
 

Como ocorre nestes derradeiros días estades a recibir a través de REMIND as propostas de actividades diarias para os pequenos.

A través da web, e para que teñades máis opcións, imos propoñer semanalmente (os martes) xogos, cancións, exercicios psicomotrices, etc., para que se vos apetece, disfrutedes en familia.

Así que si queredes, estade atentos os martes.

Para esta semana propoñemos o seguinte:

1. aprender esta canción

 2. Facer yoga cos animais do mar

Animádevos a facelo en familia!!! Seguro que vos divertides.

Os de cuarto molamos

Mirade cómo traballamos os de cuarto!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut