Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2024

LETRAS GALEGAS 2024

Como todos os anos, aquí están as pegadas en galego elaboradas polos nenos e nenas do Areal coas súas familias. Pretendemos achegar a nosa lingua á contorna máis próxima.

Durante o día das Letras Galegas, podedes recoller unha na Librería Vernet en Baiona.

Desexamos que lles gusten e que nos escriban ao enderezo electrónico da escola (eei.oareal@edu.xunta.gal) para contarnos que lles pareceu esta iniciativa.

 

Pero isto non foi o único que fixemos, xa que realizamos outras actividades.

 

Coñecemos a biografía de Luisa Villalta e o seu libro “Alma de Violino”.

 

Elaboramos un mural da autora homenaxeada.

 

Realizamos lecturas en galego durante toda a semana.

 

E desfrutamos dunha familia que quixo colaborar connosco nesta semana das letras, tocando a gaita e ensinándonos os traxes tradicionais galegos.

 

REUNIÓN 21 DE MAIO

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Todas as solicitudes de ADMISIÓN presentadas foron admitidas, non é necesario baremar. No mes de maio fixaremos a primeira reunión co alumnado que comeza na escola por primeira vez. Concretaremos data e hora.

 

PROCESO DE ADMISIÓN 2024-2025

Infórmase ás familias do inicio do prazo de admisión de alumnado para o curso 2024-25.

A solicitude poderase presentar:

- De xeito presencial na EEI O Areal, entregando a solicitude debidamente cumprimentada na secretaría da escola.

- De xeito on-line, no enlace admisionalumnado. Unha vez cuberta a solicitude entregarase, de xeito presencial, na secretaría da escola.

- A través da sede electrónica.

 

A solicitude pode recollerse no despacho da escola se así o desexades ou imprimila directamente nas ligazóns que deixamos a continuación.

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

INFORMACIÓN IMPORTANTE DO PROCESO DE ADMISIÓN 2024/2025

INSTRUCIÓNS ADMISIÓN 24/25

 

O prazo de admisión, polo tanto de entrega de solicitudes é do 1 ao 20 de marzo de 2024de luns a venres de 9:15 a 10:00 horas e os martes de 15:30 a 17:00 horas.

 

*O criterio complementario aprobado o día 19/02/2024 no consello escolar que sumara un punto extra no proceso de admisión foi: "proximidade ao centro do lugar de traballo (Concello de Baiona)".

 

CALENDARIO ESCOLAR

CONTACTO CO CENTRO

Enderezo electrónico: eei.oareal@edu.xunta.gal

 

Teléfono do centro: 886 11 01 51

APLICACIÓN ABALARMOBIL

Deixamos enlaces actualizados de axuda sobre a aplicación AbalarMobil.

 

XORNADA PORTAS ABERTAS EEI O AREAL

A partir do vindeiro martes 6 de febreiro teremos xornada de portas abertas na EEI O Areal. Necesitarase cita previa para visitar a escola. Chámanos ao 886110151 ou ben escríbenos ao enderezo electrónico eei.oareal@edu.xunta.es

A continuación detállanse días e horas para as visitas:

 

MARTES 06 de febreiro: de 15:30 a 17:00 horas

MARTES 20 de febreiro: de 15:30 a 17:00 horas

MARTES 27 de febreiro: de 15:30 a 17:00 horas

 

Escollerase o día e a hora conveniente. Todos os nenos/as están invitad@s.

RESERVA PRAZA CURSO 2024-2025

Infórmase ás familias do alumnado de 6º de Educación Infantil (5 anos), que se inicia o prazo de reserva para cursar 1º de primaria no CEP de Sabaris. Para facer a reserva poden presentala:

  • De xeito presencial na EEI O Areal, entregando a solicitude debidamente cumprimentada no despacho de dirección.

  • De xeito on-line, no enlace https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ Unha vez cuberta a solicitude entregarase, de xeito presencial, na secretaria da escola.

  • A través da sede electrónica.

 

O prazo para a presentación é do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024.

Infórmase ao alumnado de 4º e 5º curso que xa ten praza reservada para o vindeiro curso. De querer renunciar a dita praza deberán presentar na escola un escrito de renuncia antes do día 28 de febreiro de 2024.

 

Documento reserva praza ED550A.

Instrucións xerais 2024-25. 

FESTIVO LOCAL 26 DE SETEMBRO

Mañá martes 26 de setembro NON VIMOS á escola polo festivo local de San Cosme e San Damián.

Distribuir contido


by Dr. Radut