Skip to Content

blogue deadmin

Nova data de portas abertas

Debido a gran demanda de solicitudes para visitar o centro (o día 20 xa está có aforo completo) abrimos unha nova data:

22 de febreiro ás 16:15 h.

 

Menús comedor mes de Febreiro

Reserva de praza para o centro adscrito CEP Doutor Fleming

ABERTO O PRAZO PARA A RESERVA DE PRAZA NO CENTRO ADSCRITO

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro.

O alumnado de 6º EI interesado no centro adscrito deberá facer a reserva.

As solicitudes tramitaranse na aplicación ou cubertas a man e entragaranse na nosa escola (agás as de sede electrónica):

www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

 Poden consultar o manual para as familias no seguinte enlace

Xornada de portas abertas 2024

Menús comedor mes de XANEIRO

BO NADAL

Toda a Comunidade Educativa da escola VILA LAURA vos desexa unhas felices festas e un próspero ano novo cargado de novas ilusións e desexos.

Vémonos o luns 8 de xaneiro de 2024.

Disfrutade do NADAL!!

Podcast Nadal

 
            Vila Laura prepárase para o Nadal 
Os peques son sempre os protagonistas nestas datas tan  especiais. A maxia envolve todo. Os nosos  pequenos das aulas  de tres anos contamos na radio coma se  preparan para a chegada do Nadal.
            Dende as ondas de radio desexámosvos
BO NADAL
 
 
 
 
 

Manifestación para solicitar un Conserxe na Escola

O vindeiro luns, 18 de decembro, ás 17.30 horas na Praza do Rei (Concello de Vigo) haberá unha concentración organizada por FOANPAS e ADICOPUVI para protestar pola ausencia de conserxes nas escolas e centros escolares da cidade de Vigo e reivindicar a súa presenza, que tan necesaria é no día a día.

Contamos co voso apoio!

Adxúntase comunicado ás Familias premendo AQUÍ.

Tendes máis noticias sobre esta demanda da figura do Porteiro-vixiante nos centros ante os medios de comunicación:

Cadena Ser: https://cadenaser.com/galicia/2023/12/05/la-comunidad-educativa-se-une-ante-la-falta-de-conserjes-en-los-colegios-ahora-somos-nosotros-los-que-nos-pasamos-el-dia-arreglando-cosas-en-los-centros-radio-vigo/

Faro de Vigo:
https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2023/12/06/directores-anpa-urgen-concello-mejorar-95515555.html

Diario Atlántico:
https://www.atlantico.net/articulo/vigo/mas-mitad-colegios-vigo-tiene-conserje-fijo/202312060530581010350.html

Situación dos centros educativos

Campamento de NADAL 2023

A continuación vos deixamos información acerca do Campamento de Nadal que se celebrará na nosa escola nestas datas. Premer AQUÍ e na imaxe para ampliala.

Data límite: venres 15 de decembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut