Skip to Content

blogue deadmin

Exposición de cabazas Samaín

Menús comedor mes de Outubro

Normas do uso de comedor

Recordámosvos certas normas polas que nos reximos para o uso correcto do Servizo de Comedor na nosa escola.

Podedes ampliar máis información na lexislación vixente (Instrución 3/2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cutura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2023-2024):

  • As familias teñen que comunicar a ausencia do seu fillo/a ao comedor antes das 9:45 horas. Realizarase a comunicación a través dun correo electrónico ao centro escolar co asunto "Comedor".
  • Os usuarios/as do servizo de comedor escolar que en 3 ocasións non comuniquen a súa ausencia, antes das 9:45 horas do día que deba ter efecto, deberán ser suspendidos pola Dirección do centro ao dereito ao uso do servizo de comedor durante 10 días.

Na espera de saber se nos conceden a ampliación de prazas de comedor, e habendo usuarios/as en lista de espera, é responsabilidade de todos que fagamos un bo uso do Servizo de Comedor.

Atentamente, a Dirección.

 

Volta ao cole

Período de adaptación 3 anos curso 2023/24

Novas instrucións de comedor -- curso 2023/2024

Todo o alumnado que presentou a solicitude  do comedor en tempo, prazo e forma está ADMITIDO.

As solicitudes entregadas fóra de prazo terán que agardar ata Setembro, confiando en que nos amplien as prazas.

 

Segundo as indicacións establecidas na INSTRUCIÓN 3/2023, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2023-2024, é necesario presentar a seguinte documentación:

Anexo II.Autodeclaración

 

O prazo de entrega remata o próximo venres 14 de xullo e poderase presentar de forma presencial (preferiblemente), no buzón gris da entrada da escola ou por correo electrónico (específicando no asunto: Autodeclaración comedor).

 

 

 

 

Solicitude comedor curso 2023/2024 usuarios novos

Nos arquivos adxuntos podedes descargar a solicitude de comedor.

Falta o documento de autoliquidación, que subiremos a páxina web en canto o teñamos.

Mentras tanto, podedes ir entregando o impreso de solicitude.

Plazo de entrega de esta solicitude ata o 30 de xuño.

BECAS NEAE

BECAS NEAE CURSO 23-24 de Pili Alonso

Matrícula vindeiro curso 2023/24

Todo o alumnado que solicitou praza para a o vindeiro curso no prazo establecido está ADMITIDO

Comedor escolar

Dende a COVID-19 habilitouse un espazo de comedor diferenciado para o alumnado de 3 anos polo que temos dous espazos adicados ao comedor escolar.

 

A maiores, ao rematar o xantar, o noso alumnado disfruta do xogo libre nos patios escolares mentras non os recollen ou mentras non comezan as actividades extraescolares.

Distribuir contido


by Dr. Radut