MATRÍCULA CURSOS CONVERSA BÁSICO / INTERMEDIO 2023-24 - Sección As Pontes

Interésache aprender INGLÉS sen ESTRÉS. Matrículate con nós nun curso de conversa.

 

Podes estudar o nivel intermedio B2 os martes de 19.00-21.00 ou o nivel básico A1-A2  os mércores de 19.00-21.00. Aprende e desfruta da lingua inglésa sen presas e ao teu ritmo.

                                       

Apúntate do 15 xaneiro ao 2 de febreiro. Non o perdas. A troula está garantida. Atréveste?

 

Velaquí as instrucións:

  • Cubre o seguinte formulario, indicando a lingua, o nivel e mailo horario.

  • Paga as taxas de xeito telemático (premendo aquí - no caso de teres dúbidas, consulta esta información) ou de xeito manual (recolle a folla de taxas na secretaría do IES Castro da Uz. Os cursos son de 30 horas e teñen un custo de 45 € para o alumnado antigo + 13€ de servizos xerais se non está matriculado noutro idioma. O novo alumnado que nunca estivo matriculado nunha EOI deberá pagar 22€ de apertura de expediente.

  • Manda un correo ao enderezo da sección (aspontes@eoiferrol.org) con copia ao mail da oficina central (administracion@eoiferrol.org) co asunto "Matrícula - Cursos de destrezas 2023-2024 AS PONTES", achegando o formulario cuberto, o xustificante do pago de taxas (ou a documentación que xustifique a exención de taxas) e unha copia do DNI, NIE + pasaporte ou NIE.

  • A administración enviará un correo, confirmando se a matrícula está ben ou se hai que emendala.