CONVOCATORIA ORDINARIA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Guías informativas sobre as probas: Nivel A2 - Nivel B1 - Nivel B2 - Nivel C1
NOVO: XA PODEDES CONSULTAR A VOSA QUENDA NAS PROBAS ORAIS DA CONVOCATORIA ORDINARIA NO TABOLEIRO DA EOI NA ENTRADA DO IES PUNTA CANDIEIRA OU NA VOSA AULA VIRTUAL.
Clica sobre as imaxes para acceder directamente á información sobre:
Icon made by Freepik from www.flaticon.com
Cada dúas semanas, o alumnado de Cedeira pódese conectar a unha sesión online coa nosa asistente de conversa en horario de 18:10 a 18:50.
Para saber as datas exactas das sesións e conectarse á sesión online, debedes pedir o enlace de Webex á vosa profesora, clicar nel e esperar á que se vos dea acceso.
Consulta clicando aquí a oferta educativa para o curso 2023-2024.
O alumnado que superara as probas de certificación dos niveis A2 e B1 no curso 2021/2022 ou anteriores xa pode pasar a recoller o certificado de ter superado o nivel na administración da EOI de Ferrol. Para iso, deberán presentar o seu DNI no momento da recollida. O alumnado que superara o nivel en convocatoria extraordinaria deberá agardar unhas semanas a que esté dispoñible.
Para consultar as túas notas, necesitarás introducir o teu número de expediente, o teu DNI (sen a letra), e o teu contrasinal persoal.
O número de expediente aparece por detrás do carné da EOI. Se non tes o carné ou non sabes cal é o teu número de expediente, escribe un correo a cedeira@eoiferrol.org
E recorda: para consultar as notas da Sección de Cedeira, debes entrar dende Centros Net da Sección de Cedeira, non dende EOI Ferrol.