Novas

Títulos de certificación de B2, C1 e C2

Pódense pasar recoller pola oficina os títulos de certificación dos cursos B2, C1 e C2 que se solicitaron ata o 16 de novembro de 2021.

A avaliación na EOI

Queres entender mellor como son os exames na EOI e como se avalían? Mira esta presentación que preparamos para ti

Que é o ensino semipresencial?

Verías que desde o curso 2021-2022 tamén ofrecemos algún curso semipresencial en inglés. Este ano aumentamos a oferta de cursos semipresenciais en inglés e tamén introducimos a modalidade en alemán B1.1. Consulta aquí a oferta.

Aquí ves cales son as modalidades para aprender inglés na EOI de Lugo.

Non sabes que é o ensino semipresencial? Explicámoscho aquí

Tamén podes informarte nesta infografía e a continuación premer na foto para faceres unha enquisa e saber se este tipo de ensino é o máis apropiado para ti. 

Horario da oficina

OFICINA DE THAT’S ENGLISH!

 

Durante o curso: Luns e martes de 08.30 h a 13.30 h.

 

Expedición de títulos e certificacións académicas

Títulos

  • A solicitude dos títulos faise na oficina.
  • Cómpre aboar as taxas de expedición de títulos. Podense pagar telemáticamente ou en calquera oficina bancaria (O impreso recóllese na Conserxaría do centro).
  • As persoas interesadas poderán retiralos ben directamente, acreditando a súa identidade, ben a través dunha persoa debidamente autorizada.
  • Os títulos de A2 e B1 son gratuítos e recóllense na oficina.

Taxas

Título/Tarifas (en euros) Tarifa normal Familia numerosa categoría xeral Familia numerosa categoría especial Duplicado
Certificado de nivel B2, C1 e C2 de idiomas (LOE-LOMCE) 25'91 12'97 0 2'50
Certificado de nivel avanzado de idiomas (LOXSE) 25'91 12'97 0 2'50

 

Certificacións académicas

A solicitude de certificacións académicas farase a través do correo electrónico eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal achegando unha copia do DNI ou NIE do solicitante ou ben presencialmente na oficina, acreditando a súa identidade ou ben a través dunha persoa debidamente autorizada.

Seguirase o mesmo protocolo para a recollida que poderá ser na oficina ou na conserxaría do centro.

Reclamacións

 

Reclamacións

 

O alumnado que estea en desacordo coa súa cualificación poderá presentar unha reclamación a través da instancia, que se recolle na escola, perante a dirección da escola oficial de idiomas no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación. A reclamación terá que estar baseada nalgún dos seguintes aspectos:

a) Inadecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación da proba aos establecidos no currículo oficial e na programación didáctica do departamento correspondente.

b) Incorrecta aplicación dos procedementos e instrumentos de avaliación e/ou dos criterios de cualificación establecidos para estas probas.

A dirección da escola resolverá nos dous días hábiles seguintes á presentación da reclamación ratificando ou rectificando a cualificación. Para iso, solicitará do departamento o correspondente informe, no que deben constar as causas da ratificación ou rectificación da nota, e informará por escrito o alumnado implicado da resolución adoptada.

De continuar o desacordo coa cualificación, o alumnado ou o seu representante legal, no caso de menores de 18 anos, poderá interpoñer un recurso de alzada perante a Xefatura Territorial da consellería competente en materia de educación contra a resolución da dirección da escola nun prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa recepción.

Distribuir contido