Skip to Content

Concurso para a contratación do servizo de cafetería do centro

A instrución 7/2017 do 30 de Maio de 2017 regula a contratación do servizo de xestión da cafetería dos centros docentes non universitarios dependentes da consellería de educación. Segundo isto, se alguén está interesado en facerse cargo deste servizo de cafetería pode ver as bases na seguinte ligazón: instrucións para contratación da cafetería.

Sinalar como punto relevante o apartado 1.3 destas instrucións onde se reflicte que: o prazo de duración non pode ser superior a un ano nin pode ser obxecto de prórroga, polo que a citada contratación realizarase polo curso 2017/18.

O prazo de presentación de propostas será dende o 14 ao 21 de xuño, ambos os dous inclusive.

ESTABLECEMENTO DO CANON MÍNIMO

1.1. Horario diario primeiras 4 horas. Cada hora ou fracción por 40 €

4x40 =160€

1.2. Cada hora a partir da 5ª hora multiplicarase por 10€

2,4x10=24€

1.3. Usuarios: alumnado matriculado, profesorado e persoal non docente(multiplicarase por 0,40)

(400 alumnos/as+40 profesores+3 P. Non docente)x0,40=444 x0,40 =177,2 €

TOTAL CANÓN MÍNIMO ESIXIBLE= 160+24+177,2= 361,2 €

 

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA:

                                                                    - Inventario Cafetería

                                                                    - Especificacións técnicas



page | by Dr. Radut