Skip to Content

Hemeroteca

Hipólito Santabaya e Pedro Márquez

Dúas vidas dedicadas á ensinanza son as de Hipólito Santabaya  e Pedro Márquez, profesores do IES Agra de Raíces de Cee que agora se xubilan.

Hipólito, que naceu en Brens,  o foi todo no Agra, comezou primeiro sendo alumno e logo voltou ao que fora seu instituto pero xa como profesor de Educación Física. Foi Xefe de Estudos e mesmo Director, cargos que desempeñou de xeito abnegado e íntegro. Tamén a el débenselle os inicios do Departamento de Orientación, que puxo en funcionamento, pois con razón estudou e licenciouse en Psicoloxía.



Pedro, Don Pedro, natural de Carnota, é o derradeiro dos mestres con tratamento de Don, profesor de varias xeracións, de familias enteiras que con el estudaron sempre de xeito doado as Matemáticas. Un docente vocacional e xeneroso e un  pai para o alumnado que constitúe todo un referente na Costa da Morte, de todo o mundo coñecido, querido e respectado.

Aos dous desexarlles a partires de agora o mellor, sorte e felicidade na nova etapa que emprenden nas súas vidas, e por suposto, darlle as grazas por todo o traballo ben feito e a súa entrega fiel a esta profesión que é a de educación.

Distribuir contido


by Dr. Radut