Skip to Content

Ciencias Sociais

MATERIAS DO DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA.

Nota inicial: Adáptase a programación didáctica do departamento para o terceiro trimestre do curso 2019/2020.

PROFESORA: LETICIA QUINTELA CAAMAÑO

Ante as medidas extraordinarias que adoptou a Consellería de Educación para evitar a propagación do COVID 19, coñecido por todos como coronavirus, imos a adoptar unha serie de medidas para continuar dando clase na medida do posible. 
 
A través desta páxina web irémonos comunicando nos vindeiros días. Na web colgarei os exercicios que teredes que realizar, as correccións finais, o correo de contacto e os enlaces ós diferentes blogs de curso. 
 
 
Empregaremos un blog por curso para que poidades subir os exercicios corrixidos, para que preguntedes dúbidas da materia, para corrixir entre todos a medida que suban os resultados e para contactar directamente comigo a diario. DENTRO DA PÁXINA WEB, PINCHADES NO VOSO CURSO, E AÍ TEDES O ENLACE Ó BLOG QUE VOS CORRESPONDE

PROFESORA: ANA SOUTO GARCÍA

Nota importante: A partir do día 17 de abril de 2020 as materias impartidas pola profesora Ana Souto seguiranse a través da plataforma Google Classroom. Os alumnos que non recibiran a invitación para unirse ás clases nesta plataforma deben poñerse en contacto coa profesora mediante a seguinte dirección de correo: profeanahistoria@gmail.com ou ana.souto@edu.xunta.gal

  • 1º ESO B e C Historia: Fai as tarefas da semana do 16 ao 20 de marzo de 2020 que se explican aquí. Se non tes o libro, aquí tes os contidos teóricos que necesitas para facer as tarefas. Aquí as solucións.

Fai as tarefas da semana do 23 ao 27 de marzo de 2020 que se explican aquí. Se non tes o libro, aquí tes os contidos teóricos que necesitas para facer as tarefas. Aquí as solucións.

Fai as tarefas da semana do 30 de marzo ao 5 de abril de 2020 que se explican aquí. Se non tes o libro, aquí tes os contidos teóricos que necesitas para facer as tarefas.

  • 2º da ESO para Historia: Fai as tarefas da semana do 16 ao 20 de marzo de 2020 que se explican aquí. Se non tes o libro, aquí tes os contidos teóricos que necesitas para facer as tarefas. Aquí as solucións.

Fai as tarefas da semana do 23 ao 27 de marzo de 2020 que se explican aquí. Se non tes o libro, aquí tes os contidos teóricos que necesitas para facer as tarefas. Aquí as solucións.

Fai as tarefas da semana do 30 de marzo ao 5 de abril de 2020 que se explican aquí. Se non tes o libro, aquí tes os contidos teóricos que necesitas para facer as tarefas.

PROFESORA: TERESA LLAMAS LÓPEZ

*NOTA IMPORTANTE: Os alumnos de 4º ESO que non teñan o libro, poden facer as actividades propostas facendo clic no seguinte arquivo.

  • 4º de ESO A*: 
  • 4º de ESO B*: 
    • 16-29 marzo 2020: Deberán rematar a I Guerra Mundial: consecuencias da guerra e tratado de Versalles. Cando rematen, deberán raballar a revolucion rusa. Facer as "claves para estudar" e ver o video de youtube "la revolución rusa" ( ou soviética) da páxina "la cuna de halicarnaso".
    • 30 de marzo a 5 abril de 2020: Despois de traballar o esquema da IGM e a liña temporal da revolución Rusa fai a tarefa 1 e a tarefa 2.
  • 2º de Bacharelato: Historia de España: teñen que traballar un punto dos guións da aula virtual por sesión de traballo: "Movemento obreiro", "Crise da Restauración. A desarticulación do sistema canovista", "A crise de 1917. Os gobernos de concentración e a guerra de Marrocos". Poden buscar en youtube os videos de "Memoria de España" dese periodo.
  • 2º Bacharelato: Historia de Arte: traballarán unha obra por sesión de clase: rematar Bramante e San Pedro in Montorio, Miguel Anxo: cúpula de San Pedro do Vaticano, e en escultura: David e Piedade do Vaticano. Teñen material en Google Drive.
Distribuir contido


by Dr. Radut