Skip to Content

ANUNCIO de última hora

Os alumnos/as de 1º e 3º de ESO que repiten poder solicitar o vale para a compra de libros antes do 1 de outubro. Recoller formulario e información na secretaría do centro.

HORARIO DURANTE O MES DE XULLO DE 2023

 

HORARIO DO MES DE XULLO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO NO IES AGRA DE RAÍCES:

 

De Luns a Venres

De 10:00h a 13:00h

Resumo do curso nos Polos Creativos

Unha vez rematado o presente curso 2022-2023 temos que dicir que dende o Polo Creativo do noso centro, e grazas ao material recibido, levamos a cabo unha chea de actividades. Entre elas podemos destacar:

- Montaxe e programación de MBOTs

- Introdución á programación por Bloques: Scratch

- Escáneo, Deseño e Impresión 3D

- Deseño e Corte coa Fresadora Láser.

- Elaboración da Placa da nosa Biblioteca “Concha Blanco”

- Elaboración de APPs para visibilizar a mitoloxía

- Elaboración de Chapas para visibilizar a mitoloxía

- Construción dunha Gramola con música en galego.

- Construción dun Reloxo de Sol (proxecto gañador nos “Retos de Polos Creativos”)

- Construción de mecanismos con material de refugallo.

- Diversos tipos de talleres e experimentos

- Montaxe da radio, que agardamos ter funcionando en breve

- Etc.

Podedes ver unha mostra do noso traballo no seguinte vídeo.

 

SEN FILTROS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

O noso centro foi un dos que colaborou co Centro de Información a Muller do Concello de Cee  en SEN FILTROS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Trátase dunha Campaña de concienciación e prevención para a eliminación da violencia de xénero, unha campaña integral xa que conta coa participación de diferentes colectivos de persoas participantes, (alumnado dos centros educativos, equipos deportivos, escola de teatro, centro social...), a realizamos en diferentes formatos (vídeo, audio coas cuñas de radio, deseño gráfico para RR.SS, banner en medios de comunicación...) e está dispoñible en diferentes plataformas.

 

Buscando promover e dinamizar a participación cidadá, que toda persoa que queira poida ser protagonista desta campaña, sobre todo dirixida a implicar a xente moza, creando un produto co que eles e elas están moi familiarizados,un FILTRO DE INSTAGRAM que chamamos #senfiltroscontraaviolenciadexénero.

 

O filtro xa está dispoñible e listo para usa polas persoas que o desexen. Tan só haberá que entrar na Rede Social Instagram e buscar nos filtros de Instagram #senfiltros e xa aparecerá a imaxe que xuntamos. O aspecto do filtro é o que enviamos. Tamén sería interesante que escribiran o Hashtag da campaña na Stories. #senfiltroscontraaviolenciadexénero

 

 

 

O IES AGRA DE RAÍCES, NOVA SEDE PARA AS PROBAS DELF

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria, resolveu autorizar a celebración das probas de nivel B1 e A2 de lingua francesa emitido polo Goberno Francés no IES Agra de Raíces de Cee.  Máis información sobre o DELF

Exposición de Fotografías Matemáticas e Esopías cedida pola Fundación Barrié.

A Fundación Barrié cedeu ao noso instituto unha exposición formada polas mellores fotografías e esopías do concurso organizado por esta fundación. A exposición estará no noso centro dende o 25 de maio ata o 8 de xuño. Podedes ver máis información e imaxes da exposición no MateBlog do Agra de Raíces.

Tanto o departamento de matemáticas coma o propio IES Agra de Raíces agradece a Fundación Barrié a súa colaboración.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRADO MEDIO E GRADO SUPERIOR

Todo aquel alumnado que estea interesado en matricularse nas probas de acceso a ciclos formativos de grado medio ou grado superior de cara ao vindeiro curso 2015/16  pode consultar toda a información na seguinte ligazón: "Probas de Acceso a ciclo"

Distribuir contido


by Dr. Radut