Skip to Content

VISITA VIRTUAL AO BCE

VISITA VIRTUAL AO BCE

 

 

O día 12/01/2022, o alumnado da materia de Economía de 2º de BAC fixo unha visita virtual ao Banco Central Europeo. Nela puido coñecer de primeira man, entre outras, a resposta ás seguintes preguntas: por que é importante manter a estabilidade de prezos e como afecta ao poder adquisitivo, como vela o BCE pola seguridade dos aforros dos cidadáns, caes foron os principais logros de Europa...

 

 

25-N

CANLES DE DIFUSIÓN DO EDLG

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do IES Ánxel Fole está agora na rede. Podes seguir a súa actividade no blog A fala do Fole e mais na páxina de Facebook do mesmo nome.

 

Mandalas no IES Ánxel Fole

 

O alumnado de 1º da ESO estivo traballando arreo para darlle cor a este curso que foi tan agotador a tantos niveis. Ofrecímoslles o muro que da á súa entrada ó centro para un traballo colaborativo, creativo e que lles permitiu crear grupo e deixar a sua pegada. Tivemos moitas dificultades e o final, a metereoloxía non nos permitiu deixalo rematado. Queda pendente a grande inauguración con música en directo!

Álbum: Curso 2020/21 -> Mandalas EPVA 2021

Marcapáxinas Xela Arias

O alumnado de 1º e 3º da ESO da asignatura de EPVA participaron nunha proposta de Almudena, do departamento de Lingua Galega, para conmemorar o "Día das Letras Galegas" Deseñaron uns marcapáxinas cun retrato personal e creativo de Xela Arias e os profes votaron o seu preferido. A votación estivo moi reñida e a gañadora foi Cristina Otero López de 3ºESO B, con este excelente traballo, que foi entregado como agasallo de fin de curso a todo o alumnado e profesorado.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Aquí tedes o enlace ó PADLET onde podedes velos todos: "Marcapáxinas Xela Arias"

PRIMEIROS AUXILIOS NO IES ÁNXEL FOLE

NOVA DE PRIMEIROS AUXILIOS IES ÁNXEL FOLE

O pasado venres 11 de xuño recibimos no IES Ánxel Fole unha charla sobre primeiros auxilios básicos organizada polo Departamento de Educación Física.

A actividade estivo dirixida, principalmente, ao alumnado do 1º e 2º curso da ESO e foi impartida por Jacobo, técnico da Cruz Vermella.

Ao longo das sesións, explicouse como e cando realizar a posición lateral de seguridade (PLS), como actuar ante unha obstrución de vía aérea por corpo estraño (OVACE) e como realizar a reanimación cardiopulmonar (RCP), entre outros. Ademais, durante o recreo, o alumnado que así o quixo puido visitar o interior dunha ambulancia.

Dende o centro agradecemos á Cruz Vermella a súa colaboración e, especialmente, a Jacobo a súa disposición e bo trato.

Para rematar, lembramos que, como dixo Jacobo: “A peor RCP é a que non se fai”.

 

PRIMEIROS AUXILIOS NO IES ÁNXEL FOLE

AGASALLO NO DÍA DO LIBRO

  Hoy, 23 de Abril, dia del libro entregamos un marcapáginas conmemorativo a cada integrante de la comunidad educativa del IES Anxel Fole.

     Desde el departamento de dibujo nos planteamos la importancia de priorizar este curso la parte emocional y de conexión que nos ofrece el arte. Invitamos a nuestro alumnado a elegir a "esa mujer" que es referente en su vida. Esa mujer, que como refleja el texto que resume el proyecto, es faro y hogar. Al mismo tiempo, trabajamos las limitaciones que nos impone la situación actual: caras sin sonrisas y relaciones sin contacto. Tomamos como partida la obra de la artista Coco Dávez, que retrata a sus referentes eliminando rasgos como ojos, boca...pero manteniendo la esencia de la persona. La segunda parte de los trabajos son las manos, como reivindicación de la ausencia, de la prohibición del contacto y el abrazo.

    El resultado gráfico es la exposición que ilumina nuestro hall con su colorido; pero las historias que hay detrás, son la verdadera alma del proyecto.

Gracias por acompañarnos y acogernos.

Álbum: Curso 2020/21 -> Dia da muller 2021

VISITA VIRTUAL Á CENTRAL EÓLICA EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO

VISITA VIRTUAL Á CENTRAL EÓLICA EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO

     O pasado 20 de abril aproveitando a proximidade do DÍA DA TERRA, que neste ano 2021 celebrouse o xoves 22 , levouse a cabo unha actividade organizada dende o Departamento de Tecnoloxía consistente nunha visita virtual ao Parque Eólico Experimental de Sotavento.

    O Obxectivo desta visita virtual foi realizar unha divulgación e educación enerxética centrada nas enerxías renovables, o aforro, a eficiencia enerxética e a súa interrelación coa problemática ambiental. Se fixo un recorrido completo a unha vivenda bioclimática situada no propio parque , e na que é moi sinxelo aprender como ter en conta o seu deseño, ubicación e adaptación ao terreno para aproveitar os factores climatolóxicos.

    A pesar dalgún problema co audio, a visita virtual foi moi interesante e dous grupos de 3º ESO tiveron a sorte de disfrutala.

Álbum: Curso 2020/21 -> Visita Virtual SOTAVENTO

Arte, Robótica e Creatividade

ARTE, ROBÓTICA E CREATIVIDADE

         O derradeiro mércores 7 de abril levouse a cabo unha actividade organizada dende o Departamento de Tecnoloxía e desenvolvida polo equipo de área educativa de Afundación (Obra social ABANCA) , que se desprazou ata o IES Anxel Fole para levala a cabo, traendo con eles todo o material que se precisa para poder realizala (ordenadores portátiles, cables, tarxetas Microbit, e trebellos varios de robótica e electrónica.), e sempre tendo en conta as máximas medidas de seguridade.

 

        A actividade chámase "Arte, robótica e creatividade" e cunha duración aproximada de hora e media ten coma obxectivo subliñar a importancia de detectar unha necesidade ou marcar un factor diferencial á hora de deseñar un produto.O obradoiro consiste en crear un prototipo de mascarilla 3.0 e a programación de tarxetas Microbit a través de MakeCode.

 

        Tres grupos de alumnos de 3ºESO participaron neste Obradoiro organizado pola Área Educativa da Obra Social de ABANCA Afundación grazas a unha aula itinerante STEAM (ciencia, tecnoloxía e matemáticas nas súas siglas en inglés). O alumnado accedeu directamente ao concepto de programar con placas microbit. As actividades desta aula STEAM contan con códigos abertos e gratuítos de tal xeito que o alumnado pode continuar o seu traballo dende a casa.

Distribuir contido


by Dr. Radut