Skip to Content

Festival e concurso de postais de Nadal de 2018

O día 21 de decembro de 2018 celebrouse o festival de nadal na aula de usos múltiples do instituto. 

Carmela Cobo, do departamento de música, dirixiu o festival e o concurso de postais conseguindo unha gran participación do alumnado e do profesorado que, con gran esforzo dende outubro, durante os recreos, asistiron para ensaiar.

Colaboraron: Antonio Ferreira (departamento de tecnoloxía) como técnico de son e confeción da estructura da árbore de Nadal co fin de adornar a sala de usos múltiples. Sara Fernández (do departamento de francés), que se ocupou das gravacións das diferentes actuación musicais. Ana Manteiga (departamento de inglés), quen participou en baile galego, así como os profesores do departamento de física, Marcos e José Luis, que actuaron en coro, baile e instrumentos. Tamén o apoio incondicional do equipo directivo e do alumno Sergio Rouco Quintáns de 2º BACH que axudou en temas informáticos.

1.º ESO

“Piratas do Caribe” con xilófonos e metalófonos por Paula Fole Lago (1ºA), Idalina (1ºB), Nuria Guerra (1ºC), Andrea De Barros (1º C), Lucas Fernández (1º C), Uxía Seoane (1ºC), Jacobo Giadáns (1ºC).

2.º ESO

"City of stars" con violín e piano interpretan Alba Martínez Gamallo (2ºB) e Nerea Cotón (2ºC)

3.º ESO

“La vida es bella” con piano e clarinete por Arturo Rodríguez Maceira e Sara Mata.

4.º ESO

“Son do ar” con piano, guitarra e flauta por Adrián (4ºA), Liu (4ºA), Idalina (1ºB).

“Hijo de la luna” de Mecano con guitarra por Liu (4ºA).

“Smoke on the water” e “Guillan the Best” entre outras obras de música contemporánea con guitarras eléctricas, baixo e batería por Roi Etxeita (2ºB), Antón Etxeita, Pablo Pazos e Marcos.

1.º BAC

“When I was your man” de Bruno Mars con piano e voz por Uxía e Nerea.

Coro “Viva la vida” de Coldplay entre os grupos A, B, C e D.

https://youtu.be/-2TcPS5LnpQ

Baile moderno por Alba López González (1ºD) e Iván Rivas Suárez (1º D).

2.º BAC

“Sonate -a- Moll” con acordeón por Antonio Moscoso Sánchez (2ºA).

“Si me voy” de Paula Rojo por Antía Ferreiro Troiteiro, Antía Iglesias Iglesias, Laura Martínez Calvo, Jessica Rey Bouzón, Sandra Amigo Regueiro, Ángela Garabal Neira, Laura Boo Curros, Mariña Costoya Barreiro e Laura Rial Rodeiro.

“Xota de Vilar de Cabeiro” con panderetas por Antía Iglesias Iglesias, Laura Martínez Calvo, Jessica Rey Bouzón, Sandra Amigo Regueiro, Ángela Garabal Neira, Laura Boo Curros, Mariña Costoya Barreiro e Laura Rial Rodeiro. Baile por Antía Ferreiro Troiteiro, Carlos Dafonte Rodríguez e os profesores Ana Manteiga e Marcos López.



page | by Dr. Radut