Listaxes definitivas de alumnado admitido

No seguite enlace podedes acceder á listaxe de alumnado admitido para o curso 2015/2016.

Listaxes definitivas admisión

ACTUALIZACIÓN: Listado de alumnado asignado pola Comisión de Escolarización.

Semana de divulgación arredor da luz no IES Arcebispo Xelmírez II

Co gallo do Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías asociadas á Luz, o I.E.S. Arcebispo Xelmírez II adica a esta temática a semana de divulgación deste curso 2014-15.

Haberá múltiples actividades (conferencias, experimentos interactivos, obradoiros, exposicións ou aulas temáticas, por exemplo) organizadas polo centro coa colaboración de diversas institucións.

DISPOÑIBLE XA NO ARQUIVO ADXUNTO O PROGRAMA DEFINITIVO.

ÁNIMO E A PARTICIPAR!

 

Viaxe París 2015

Estivemos en París do 20 ao 26 de marzo (xunto co alumnado e dúas profesoras do IES nº 1 de Ordes). Aquí tendes tres momentos do noso paso pola Cidade da Luz. Pronto poderedes ver a reportaxe fotográfica no blog de francés 

http://petitscoinsparisiens.blogspot.com.es/

 

              

Listaxes provisionais de alumnado admitido

No seguite enlace podedes acceder á listaxe de alumnado admitido para o curso 2015/2016.

Listaxes provisionais admisión

 

Campus científicos de verano

Está aberto ó prazo para apuntarse no Programa Campus Científicos de Verano.

No seguinte enlace tedes toda a información.

O prazo para inscribirse remata o 20 de marzo.

 

Probas de acceso a ciclos de grado medio e superior. Convocatoria 2015

No DOG do 23 de febreiro saiu publicada a Orde do 17 de febreiro polo que se convocan probas para acceso a ciclos tanto de grado medio como de grado superior.

A continuación aparecen os enlaces ós aspectos máis importantes desta convocatoria.

 

 

IMPORTANTE: O prazo de inscrición nas probras de acceso a grado superior remata o 6 de marzo.

Admisión de alumnado para o curso 2015/2016

Nos vindeiros días iremos colgando aquí a diversa información sobre a admisión de alumnado no noso centro. Na imaxe do cartel hai unha errata, pois o prazo da solicitude de admisión é DO 1 AO 23 DE MARZO.

Decreto 254/2012, do 13 de decembro

Orde do 12 de marzo de 2013

Información

Nota informativa 

Zonas de influencia

- Anexo II - Solicitude de admisión

Festival Nadal 2014

Rematamos o trimestre coa celebración do festival de Nadal do que podedes ver un pequeno resumo neste enlace.

http://youtu.be/KgU6Jgc_JPM

 

 

AMNISTÍA INTERNACIONAL - CAMPAÑA STOP TORTURA - OBRADOIRO 2ESO

O día 10 de decembro de 2014 a sección de Santiago de Compostela de Amnistía Internacional tivo a ben colaborar co noso centro para impartir un obradoiro ó alumnado de 2ESO sobre a necesidade de erradicar a violación dun dereito humano fundamental: o de non ser torturada ou torturado.

O obradoiro foi todo un éxito. O alumnado participou moito e ben. A persoa encargada de impartilo, Noelia (estudante do Grao de Traballo Social na USC) quedou encandilada coas nosas alumnas Inocente e cos nosos alumnosInocente. Así da gusto Risa.

Gracias Noelia, e moitras gracias tamén a Sabela, que é quen nos consegue todas as exposicións, charlas, obradoiros. A comunidade educativa do IES Arcebispo Xelmírez II está encantada coa vosa colaboración.

Se queredes ver imaxes do evento e un video aquí tendes o enlace á galería multimedia da web do centro

CHARLA DA OFICINA DE COORDINACIÓN DE TRANSPLANTES (OCT)

O mércores 3 de decembro de 2014 tivemos o pracer de ter a dúas excelentes - Marta, que é a coordinadora da Oficina, e Lola que é unha persoa que recibiu un transplante -  conferenciantes para explicarlle ó noso alumnado de 2 BACH e da materia de Antropoloxía de 1 BACH todo o referente a doazón de órganos. O certo é que charla foi magnífica. Tanto é así que o alumnado non parou de preguntar e preguntar.

Na galería de imaxes temos testimonio gráfico do evento.

Moitas, moitas gracias Marta e Lola. Dende aquí o recoñecemento de toda a comunidade educativa do IES Arcebispo Xelmírez II pola vosa dedicación e entusiasmo.

 

Distribuir contido