Skip to Content

Calendarios de admisión a ciclos de FP e cursos de especialización. Curso 2022/23

Nos documentos que se xuntan pódense consultar os prazos do proceso de admisión a ciclos formativos para o vindeiro curso 2022/23. Na páxina de formación profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade tedes máis información sobre a oferta formativa e outros aspectos relacionados con este proceso.

Calendario exames convocatoria extraordinaria de bacharelato

Xúntase calendario de exames correspondentes á avaliación extraordinaria de bacharelato, que terán lugar desde o luns 20 de xuño ao mércores 22 de xuño, ambos incluídos.

 

Visita ao St. Brogan’s College en Bandon (Cork, Irlanda)

As profesoras do centro Alicia Domínguez e Sofía Paleo visitaron entre os días 23 e 27 de maio de 2022 o centro de educación secundaria St. Brogan’s College, na localidade irlandesa de Bandon, condado de Cork.  Dita mobilidade enmárcase dentro do programa europeo Erasmus+. 

O obxectivo da visita foi a realización dunha estadía de observación durante a cal as docentes puideron coñecer de primeira man o funcionamento e organización do centro de destino e intercambiar experiencias co profesorado anfitrión. A asistencia a clases de diversas materias e niveis permitiulles identificar certas estratexias positivas de atención á diversidade e o xeito en que a inclusión é abordada no centro.

irlandairlandairlandaIrlandaIrlandaIrlandaIrlanda

Intercambio co Agrupamento de Escolas de Barcelos

O alumnado de 1°, 2° e 3° de portugués do IES Arcebispo Xelmírez II viaxou á localidade de Barcelos no norte de Portugal o día 23 de maio. O motivo da viaxe foi rematar unha actividade de intercambio de cartas entre o alumnado do Agrupamento de Escolas de Barcelos e o do IES Arcebispo Xelmírez II, enmarcada ademais no proxecto Erasmus+ do que ambos os centros forman parte. Despois de que a rapazada se coñecese e de realizar un almorzo xuntos, o alumnado compostelán aproveitou para coñecer o centro histórico, para practicar o aprendido durante o curso e para observar as similitudes e a relación cultural entre Galiza e a Lusofonía.

Barcelos01Barcelos02

Axudas para os alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2022-2023

Vén de publicarse no Boletín Oficial do Estado a convocatoria para solicitar axudas  para os alumnos con necesidade específica de apoio educativo para  curso académico 2022-2023. 

O prazo de solicitude é dende o día 19 de Maio ao 30 de Setembro de 2022.

Visita ao Lycée Porte Océane (Le Havre, Francia)

Dende este ano, o centro  desenvolve un programa europeo Erasmus + titulado: Excelencia a través da inclusión: aproveitando a diversidade social no ecosistema escolar. Neste contexto, as profesoras Pilar Tobar, Cristina Brión e o profesor Xaime Varela participaron entre o 2 e o 6 de maio nunha mobilidade en Le Havre (Francia) para coñecer in situ a realidade pedagóxica deste país.

Foron acollidos no Lycée Porte Océane situado no corazón desta importante cidade portuaria normanda que foi arrasada durante a II Guerra Mundial e inmediatamente reconstruída. Neste centro, similar ao noso canto ao número de alumnado, ofrécese o Bac générale, o professionel e o technologique; amais de tres BTS ou estudos de formación profesional. Daquela, durante cinco días, o profesorado estivo totalmente mergullado na praxe docente e pedagóxica francesa e coñeceu, de primeira man, o seu sistema académico a fin de observar que aspectos anovadores poderían ser integrados no noso centro e, deste xeito, repercutir na mellora da calidade formativa. 

Le HavreLe HavreLe Havre

Le HavreLe Havre

Reclamacións ás cualificacións finais

A circular 1/2022 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade precisa, para segundo de bacharelato, aspectos da Orde de 2 de marzo de 2021 pola que se regula o procedemento de reclamación ás cualificacións finais. A continuación figuran os enlaces a ambos documentos, así como os modelos de escrito de reclamación, tanto ante a dirección do centro como ante a Xefatura Territorial. 

No caso de 2º de Bacharelato, o prazo de reclamacións ás cualificación finais ante o centro abrangue os días 19 e 20 de maio no caso da convocatoria ordinaria, e 27 e 28 de xuño no caso da convocatoria extraordinaria. 

Con carácter xeral, para o resto de grupos, o prazo de reclamación ante o centro é de dous días lectivos ou hábiles despois da publicación das cualificacións da avaliación ordinaria ou extraordinaria.

Ligazóns:

Texto da circular 1/2022

Texto da Orde do 2 de marzo de 2021

Modelos de reclamación:

Impreso de reclamación ante o centro

Impreso de reclamación ante a Xefatura Territorial

Admisión de alumnado 2022-2023: Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

As familias solicitantes de praza no proceso de admisión para o curso 2022-2023 poden consultar a resolución provisional de admitidos e non admitidos na aplicación de admisión (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) e no taboleiro do centro. Ábrese un prazo de cinco días hábiles para a presentación de alegacións.

Bolsas para estudos postobrigatorios para o curso 2022/23

Vén de publicarse no BOE a convocatoria de becas de carácter xeral para o curso 2022-2023, para estudantes que cursen estudos Postobrigatorios ( Bacharelato, FP, Universidade e outros). As solicitudes fanse a través da páxina do Ministerio de Educación. O prazo de solicitude abrangue do día 30 de marzo ao 12 de maio de 2022,ambos inclusive.

Texto da convocatoria

Para máis información:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/bachillerato/becas-generales-no-universitarias.html

 A solicitude deberase cumplimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección https:// sede.educacion.gob.es   ou en  www.educacionyfp.gob.es 

Visita ao Agrupamento de Escolas de Barcelos en Portugal

Os profesores deste centro, Cristina María López Graça, María del Carmen Rey Sobral, Luis Mateo Sáez Abuín e María Villar Nieto visitaron entre os días 28 de febreiro e 4 de marzo de 2022 o Agrupamento de Escolas de Barcelos en Portugal. Esta mobilidade enmárcase dentro das actividades que o centro desenvolve no programa europeo Erasmus + que solicitou este curso por primeira vez: Excelencia a través da inclusión: aproveitando a diversidade social no ecosistema escolar.

Os profesores fixeron unha estancia de observación, que consistiu en:

  • Intercambiar experiencias que permitan optimizar a idoneidade dos contidos formativos impartidos no noso centro.
  • Analizar o sistema educativo de Portugal.
  • Identificar actuacións, estratexias ou metodoloxías formativas innovadoras e exitosas.
  • Adquirir competencias para dar resposta ás necesidades de estudantes procedentes de entornos desfavorecidos e promover a tolerancia ante a diversidad na aula e a inclusión de colectivos desfavorecidos.
  • Coñecer o proceso de dixitalización da ensinanza en Portugal.

Visita a Barcelos

Ver máis fotos

Aberto o prazo de solicitude de admisión en centros sostidos con fondos públicos. Vacantes.

25/02/2022 11:00

Do 1 de marzo, e ata o 21 do mesmo mes, estará aberto o prazo para solicitar praza en educación secundaria obrigatoria ou bacharelato en centros sostidos con fondos públicos (centros públicos e concertados).

Deberán facer esta solicitude as familias que desexen un cambio de centro para continuar estudos da mesma etapa, e as familias que desexan un centro non adscrito no caso de cambio de etapa (de primaria a secundaria, ou de ESO a Bacharelato) As familias con alumnado escolarizado no noso centro que desexen continuar estudos nel non deben facer nada.

A solicitude de praza realízase ben presencialmente no centro solicitado, ben a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

Se desexan que a súa filla ou seu fillo inicie estudos de FP, os prazos e procedementos son diferentes.

O criterio de centro para a baremación das solicitudes é: procedencia dun centro de ensino público.

Atoparán a normativa vixente en http://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/35991

 

As vacantes ofertadas polo centro son as seguintes:

Curso Modalidade Vacantes
1º ESO   0
2º ESO   0
3º ESO   2
4º ESO   14
1º BAC Ciencias e Tecnoloxía 0
1º BAC Humanidades e Ciencias Sociais 0
2º BAC Ciencias e Tecnoloxía 12
2º BAC Humanidades e Ciencias Sociais 8

 

ABAU 2022. Instrucións para a realización das probas

Xúntase a Resolucióndo 11 de febreiro de 2022, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para realizar, dentro do curso 2021/22, a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) no curso 2022/23:

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2022

Recordade que podedes consultar toda a información relacionada coa realización das ABAU neste ano académico no apartado correspondente na web do IES Arcebispo Xelmírez II e na web da CIUG (http://ciug.gal/).

Actualización do protocolo da Covid-19 no ámbito educativo

A Consellería de Sanidade vén de publicar un PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO FRONTE AO VIRUS SARS-CoV-2 (COVID-19) NO ÁMBITO EDUCATIVO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA.

Os seus aspectos máis salientables son:

-O illamento dos positivos en covid-19 durará un mínimo de sete días desde o diagnóstico ou desde o inicio dos síntomas, e levantarase se nos últimos tres días non houbo síintomas.

-Pare levantar este illamento a partir do día sétimo non é preciso unha proba diagnóstica. Abonda con carecer de síntomas nos últimos tres días.

-Os contactos estreitos dun positivo con pauta completa de vacinación non deberán gardar corentena.

-As persoas con síntomas compatibles non acodirán ao centro ata ter realizada unha proba diagnóstica.

-As persoas positivas poden realizar unha autodeclaración ao Sergas na páxina web https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID

Cambios na concesión do transporte escolar

O 10 de xaneiro comeza a nova concesión de transporte escolar, que implica a incorporación da empresa Monbus, en tanto que deixa de prestar servizo a empresa Arriva. Mantéñense as paradas, pero tivo lugar unha reordenación das rutas, de maneira que algunhas pasan a estar asignadas a unha ruta distinta daquela á que estaban asignadas. Nestes momentos (22:05 do domingo 9 de xaneiro) non temos aínda un documento oficial con tódalas rutas, paradas e horarios.Si contamos co documento enviado pola empresa Grabanxa, que poden consultar aquí. Por parte de Monbus seguimos esperando un documento similar, se ben contamos coa confirmación verbal de que van realizar o servizo con normalidade.

Lamentamos profundamente non poder ofrecerlles información máis precisa, e pedímoslles que mañá estea o alumnado na parada  minutos antes, para evitar posibles perdas do transporte. A partir das 7:30 poderán comunicar calquera incidencia no teléfono 604 03 17 98. Pedímoslles que ao longo dos próximos días nos sigan facendo chegar incidencias e comentarios sobre a nova situación do transporte.

 

VI premio Ofelia Devesa de educación activa

Convócase o VI Premio Ofelia Devesa de Educación Activa, ao que se pode presentar o alumnado do centro cunha curta divulgativa. Hai dúas categorías: para alumnado de 1º, 2º e 3º ESO, e para alumnado de 4º ESO e Bacharelato. En cada unha delas entregaranse tres premios, dotados con 350, 250 e 150 euros.

Animamos a que todo o alumnado desenvolva a súa creatividade e participe neste premio. A data límite de entrega é o 29 de abril. Lembramos que o traballo presentado debe entregarse anonimamente, polo que na curta non deben figurar créditos que permitan identificar a súa autoría.

As bases da convocatoria pódense consultar neste documento.

Distribuir contido


by Dr. Radut