Skip to Content

Aspectos organizativos do curso 21-22

Adaptación ao contexto da covid-19

A continuación presentámoslles uns documentos moi breves  que resumen as normas que debemos seguir todos, tanto persoal docente e non docente como alumnado e familias. Pregámoslles que os lean con atención e sexan escrupulosos no seu cumprimento. Por parte do centro, poden contar co noso máximo esforzo e implicación na súa aplicación. Ante calquera dúbida, póñanse en contacto co centro.

Normas para o alumnado

Medidas adoptadas polo centro

Normas que deben adoptar as familias

Organización de espazos e recreos

Así mesmo, informamos de que para garantir o mantemento das distancias de seguridade nos tempos de lecer temos establecidas dúas quendas de recreo e cada nivel ten asignada unha zona do recinto escolar, como poden ver neste documento.

Transporte escolar

Xa están publicadas no taboleiro do centro as listaxes de alumn@s admitidos no transporte escolar, así coma o número da ruta correspondente e a plaza asignada.

O funcionamento do Transporte Escolar comezará o mércores día 15 de setembro en horario habitual.

Inicio de curso

Debido á necesidade de manter a distancia de seguridade, que limita o aforo do salón de actos, onde teñen lugar as presentacións dos grupos, o inicio de curso terá o seguinte calendario:

 

MÉRCORES 15

Presentación de 1º, 2º e 3º ESO.

O alumado permanecerá no centro no horario ordinario, de 08:30 a 14:10.

Haberá servizo de autobús escolar no horario habitual.

O xoves e o venres este alumnado de 1º, 2º e 3º ESO terá o seu horario normal.

 

XOVES 16

Presentacións de 4º ESO, 1º e 2º BACHARELATO.

Intercambio de estudantes de Galicia e Portugal

O Campus de Lugo da USC e a Universidade de Porto promoven un intercambio de estudantes de secundaria de Galicia e Portugal no mes de setembro

A iniciativa é unha acción resultante do proxecto europeo Phereclos, no que participan XuvenCiencia e a facultade de ADE luguesa. O alumnado manterá conversas con responsables de empresas tecnolóxicas lusas

Un grupo de 35 alumnos de Bacharelato dos institutos Arcebispo Xelmírez II de Santiago, e N. Sra. dos Ollos Grandes e Lucus Augusti de Lugo  ultiman os preparativos para viaxar á cidade de Porto os días 2 e 3 de setembro, onde participarán en obradoiros formativos incluídos no proxecto europeo Phereclos baixo a supervisión de XuvenCiencia e a facultade de ADE do Campus de Lugo da USC e da Universidade de Porto. 

Calendario de setembro 2021

Calendario de setembro 2021:

  • Mércores 1 e xoves 2 de setembro: 

  • Venres 3:

    • 09:00 h.
      • Publicación das notas de 3º ESO, 4º ESO e 1º Bacharelato en Abalar. Entrega dos boletíns en oficina. O alumnado que dispón de AbalarMóbil non é preceptivo que veña recoller os boletíns.
      • Recollida de libros para o alumnado de 3º ESO e 4º ESO na aula de vídeo.
    • A partir das 09:00 h.  Matrícula do alumnado que cursou 3º ESO, 4º ESO e 1º de Bacharelato neste curso 2020/21.
    • 12:00-13:30 h Revisión de exames. O profesorado estará dispoñible para aclarar dúbidas sobre as cualificacións e para o alumnado que solicite revisar exames.
  • Luns 6:

    • 09:00 h.
      • Publicación das notas de 1º ESO e 2º ESO en Abalar. Entrega dos boletíns en oficina.

Fondo solidario de libros de texto

Publicada a Listaxe Provisional de admitidos e excluídos. 

   Tal como indica a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a  participación no fondo solidario de libros de texto, esta listaxe publicarase única e exclusivamente no taboleiro de anuncios no interior do edificio. 

   Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou certificado dixital.

Calendario de exames de setembro

Xúntase calendario de exames de setembro.

Libros de texto 2021-22

Xúntase relación de libros de texto para o vindeiro curso 2021-22.

Curso 2020-2021: Calendario final de curso

Achegamos no ficheiro adxunto o calendario de fin de curso 2020-21, onde se concretan as datas de avaliacións, reclamacións e as datas preferentes de matrícula para os distintos niveis

O IES Xelmírez II de Santiago salienta a diversidade e os retos do covid no seu 175 aniversario

Y PR

SANTIAGO / LA VOZ

175 aniversario

PACO RODRÍGUEZ

Comparte a efeméride co Xelmírez I, pois eran o mesmo centro ata 1985

05 xun 2021 .

Actualizado ás 05:00 h.

Curso 2021-2022: Matrícula

Quen ten que matricularse?

Todo o alumnado promocionado de curso:

  • alumnado previamente matriculado no IES Arcebispo Xelmírez II
  • alumando con reserva de praza
  • alumnado con praza obtida no proceso de admisión

 

Calendario exames extraordinarios 2º de Bacharelato

No ficheiro que se xunta poden consultarse as datas dos exames da convocatoria extraordinaria para 2º de Bacharelato, que terán lugar o 21 e 22 de xuño.

Alumnos do Xelmírez II implícanse no estudo e limpeza do río que pasa xunto ao instituto.

Voz natura

Raquel Vázquez

A iniciativa forma parte do programa Voz Natura, ao que se uniu o centro santiagués este curso

22  may 2021 . Actualizado ás 05:00  h.

Hai anos, o IES Xelmírez II sacaba partido da contorna natural que hai xunto ao centro. Este tipo de actividades desapareceran, pero este curso o centro santiagués recuperounas no marco de Voz Natura, programa ambiental escolar ao que incorporou este ano o instituto. Agora os alumnos de primeiro de ESO e segundo de bacharelato volveron a  reconectar coa natureza que os rodea, implicados no estudo e limpeza do río Corgo (que pasa xunto ás súas instalacións).

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23

As familias poderán solicitar den de hoxe día 19 de maio ata o próximo día 22 de xuño as axudas para a adquisición de libros de texto e de vales para material escolar, e participar no Fondo Solidario de Libros de Texto. Achégase a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23.

Presentación de solicitudes:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Admisión alumnado 2021/2022: Publicadas as listas definitivas de admitidos e non admitidos

14/05/2021 14:24

Están publicadas as listas definitivas de admitidos e non admitidos. Pódense consultar na aplicación admisionalumnado, e tamén están expostas no taboleiro do centro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut