Skip to Content

Exposición sobre a vida e obra de F. Asorey

No vestíbulo do centro exhíbese un interesante material gráfico sobre a vida e a obra do escultor Asorey. Foi xentilmente cedido pola profesora Maribel Iglesias Baldonedo- experta na obra de Asorey e que ten un blog dedicado á súa figura- por intermediación do profesor do noso centro Javier Travieso, tamén gran coñecedor da traxectoria humana e profesional do escultor de Cambados. Con esta exposición damos continuidade no IES Arcebispo Xelmírez II á serie de actos coa que se conmemorou durante o ano 2011 o 50º aniversario do pasamento do artista .
Francisco Asorey (Cambados, 1989-Santiago, 1961)  é considerado por algúns críticos como unha das figuras mais relevantes da renovación da arte escultórica española do século XX. Plasmou en boa parte da súa obra figuras moi representativas de Galicia. Está soterrado no Panteón de Galegos Ilustres.

Magosto

MAGOSTO

O martes 8 de novembro, o equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, coa colaboración da Comunidade Educativa do Centro, organiza de novo o magosto, a partir das 17:10 h.

        

CONFERENCIA SOBRE SIMETRIA E SUDOKUS NO XELMÍREZ II

Imaxes e breve reseña da conferencia impartida polo  Dr. Adolfo Sánchez Valenzuela, do CIMAT de Guanajuato, México

Concurso "Affiche ton français"

Laura Mansilla, alumna de 1º ESO B, gañou o primeiro premio (un ipod e unha cámara de fotos dixital) na categoría de 1º ciclo da ESO no concurso convocado pola Asociación de Profesores de Francés de Galicia e a editorial Santillana.

"Grazas a todo o alumnado de francés que participou no concurso e as profesoras do Departamento de Educación Plástica e Visual pola súa estimada colaboración": o Departamento de francés.


Visita ao CIAC

O grupo de 4º ESO B, gañador do concurso de "Ideas para o aforro enerxético" visita o CIAC (Centro de Interpretación Ambiental de Compostela) e  recibe a felicitación da concelleira Elvira Cienf uegos.

          

   

   

 


 

 


  

             

 

 

 

 

Charla informativa sobre inserción laboral

O  14 de xuño o alumnado de PDC de 3º e 4º asistiu a unha "Charla informativa sobre inserción laboral", incluída no programa Urbana Santiago Norte (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) na Sala de Usos Múltiples do Centro.

    

     

    

Entrevistas realizadas co gallo do 25 aniversario do centro

Realizadas por:
Bieito Cambeiro Porrúa, Marta González Tojo, Irene Giadás Amado, Emanuel Moreira Rodríguez, Raquel López Rodríguez.

Exposición de Antropoloxía

Alejandro García, profesor do departamento de Filosofía, xunto co alumnado da materia de Antropoloxía, inaugurou no mes de Abril unha exposición cunha ampla mostra de obxectos relacionados coa nosa historia e a vida rural, acompañada dunha documentación explicativa moi interesante.Aínda pode ser visitada no vestíbulo do centro. 

     


Video de LocaliaSantiago sobre a exposición

Blogue da viaxe a París

Enlace ao blogue da viaxe a París aquí.

CONCURSO DE micro-RELATOS ... de amor

Pincha aquí se queres saber quen gañou o concurso.

Concurso gastronómico

Entroido 

Concurso gastronómico para

1º,2º e 3º de ESO

A participación será individual. Cada concursante traerá o día 4 de marzo un postre, preferentemente típico de Entroido.

O xurado concederá dous premios consistentes en dous vales de 25 e 15 euros para adquirir libros, discos,...

 

PREMIADAS

 

1º PREMIO

 IRIS MELERO FERRO  

1º ESO B  

                              
  
2º PREMIO

 LAURA PICÓN OTERO

2º ESO B

 

 

 



Visita á facultade de Física

O alumnado de Física e Química dos cursos de 1º e 2º de bacharelato visitaron na facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela o venres 20 de xaneiro a exposición sobre:

" Desentrañando os misterios do Cosmos coa Física de Astropartículas"

Voyage à Paris

Información sobre a viaxe a París no BLOGUE de francés.

Micros Curso 07-08

Distribuir contido


by Dr. Radut