Skip to Content

Exposición sobre a vida e obra de F. Asorey

No vestíbulo do centro exhíbese un interesante material gráfico sobre a vida e a obra do escultor Asorey. Foi xentilmente cedido pola profesora Maribel Iglesias Baldonedo- experta na obra de Asorey e que ten un blog dedicado á súa figura- por intermediación do profesor do noso centro Javier Travieso, tamén gran coñecedor da traxectoria humana e profesional do escultor de Cambados. Con esta exposición damos continuidade no IES Arcebispo Xelmírez II á serie de actos coa que se conmemorou durante o ano 2011 o 50º aniversario do pasamento do artista .
Francisco Asorey (Cambados, 1989-Santiago, 1961)  é considerado por algúns críticos como unha das figuras mais relevantes da renovación da arte escultórica española do século XX. Plasmou en boa parte da súa obra figuras moi representativas de Galicia. Está soterrado no Panteón de Galegos Ilustres.



page | by Dr. Radut