Skip to Content

VII premio Ofelia Devesa de Educación Activa

Convócase o VII Premio Ofelia Devesa de Educación Activa, ao que se pode presentar o alumnado do centro cunha curta divulgativa. Hai dúas categorías: para alumnado de 1º, 2º e 3º ESO, e para alumnado de 4º ESO e Bacharelato. En cada unha delas entregaranse tres premios, dotados con 350, 250 e 150 euros.

Animamos a que todo o alumnado desenvolva a súa creatividade e participe neste premio. A data límite de entrega é o 29 de abril. Lembramos que o traballo presentado debe entregarse anonimamente, polo que na curta non deben figurar créditos que permitan identificar a súa autoría.

As bases da convocatoria pódense consultar no seguinte enlace

Participación no programa PIALE

O profesor Santiago Montero Vilar participou xunto con outros docentes no programa PIALE. O obxectivo do proxecto é a observación das metodoloxías pedagóxicas do sistema educativo canadense.

PIALE

Candidaturas para a renovación parcial do consello escolar.

En reunión de 16 de novembro, a Xunta Electoral responsable do proceso electoral para a renovación parcial do consello escolar do centro acordou aprobar as candidaturas que figuran no documento anexo, para os sectores de alumnado e de responsables legais do alumnado.

A xornada electoral será o 28 de novembro, en horario escolar para o alumnado, e de 18:00 a 21:00 para os responsables legais.

Convocatoria do proceso de elección para a renovación parcial e representantes no Consello Escolar

A Xunta Electoral que supervisará o proceso electoral para a renovación parcial do Consello Escolar, tal como establece a Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 30/09), reunida con data de 02 de novembro, aprobou o seguinte calendario:  

 

-3 de novembro: publicación dos censos electorais no taboleiro do centro.

-4 a 14 de novembro: presentación de candidaturas, na oficina do centro, mediante o impreso adxunto; presentación de alegacións ao censo electoral, tamén na oficina do centro.

-16 de novembro: proclamación de candidaturas e aprobacióndos censos electorais definitivos por parte da Xunta Electoral. Sorteo das mesas electorais dos sectores de nais/pais/titores legais, e alumnado.

-17 e 18 de novembro: prazo de reclamación á proclamación das candidaturas

-17 a 25 de novembro: campaña electoral..

-28 de novembro: xornada electoral. A votación das nais, pais e representantes legais do alumnado terán luga de 18:00 a 21:00. Teñen dereito a voto ambos proxenitores..

-30 de novembro: proclamación de candidatos electos.

Figuran como arquivos adxuntos as convocatorias do proceso para o sector do alumnado e o sector de nais, pais e representantes legais do alumnado, así como o modelo de presentación de candidatura, que tamén está dispoñible na oficina do centro, onde hai que presentalo.

No sector de nais e pais hai que  elixir un representante. No momento da elección cada elector deberá marcar na papeleta un único nome.

No sector de alumnado hai que elixir dous representantes. No momento da elección cada elector deberá marcar na papeleta un único nome.

Día das bibliotecas

Baixo o lema “BiblioTEcuida” celébrase o 24 de outubro o día das Bibliotecas e dende o noso centro queremos celebralo contigo. Agardámoste durante os recreos. 

¡Vente!

Tes máis información neste enlace

17 de Outubro: día das escritoras

O pasado luns 17 de outubro celebrouse o día da muller escritora e dende o equipo da Biblioteca quixemos facerlle un merecido recoñecemento a tódalas mulleres escritoras. 

Grazas a Sara e Estela por crear tan fermoso cartaz e ao alumnado do desdobre 1 1ºESO B/C 

Plan dixital

III Concurso de Relatos de Medo

Temática: O terror nalgunha relación do máis alá, a irrupción dos mortos no mundo dos vivos ou de vivos no mundo dos mortos...

Participantes: todo o alumnado do centro

Formato: relato manuscrito ou empregando un procesador de textos

Lingua: Calquera das que se estudan no Centro

Prazo de entrega: antes de 28 de outubro

Entrega: Pide os sobres en conserxería: no pequeno introduce o teu nome e grupo e por fóra escribes o teu pseudónimo, péchao e introdúceo xunto co teu relato no sobre grande. NON o teu nome. Finalmente introduce o sobre no buzón de devolución de libros. Tamén podes facer a entrega mediante mail a bibliotecaxelmirez2@gmail.com como un arquivo adxunto no que só poñerás o pseudónimo e na mensaxe indicarás ademáis o teu nomee grupo. O xurado non verá en ningún momento a que pertence o relato

Cartaz

Información sobre a Hora de ler

Que é a Hora de ler?

A Hora de ler é o programa específico de fomento da lectura organizado polo Equipo da Biblioteca deste instituto. Leva funcionando xa varios cursos, desde a incorporación do noso centro ao PLAMBE (Plan de Melloras de Bibliotecas Escolares).

Na Hora de ler dedícanse durante todo o curso unha serie de sesións de clase á lectura libre. No programa participa todo o alumnado de ESO.

Calendario da Hora de ler

Nas aulas do alumnado da ESO, así como na sala de profesores, estará visible o calendario da Hora de Ler para este curso 2022-2023. Este curso haberá 25 sesións de lectura. O día que corresponde á Hora de ler aparece marcado cun icono. Máis abaixo especifícase a sesión concreta que corresponde a cada día.

Enlace ao Calendario

Que se pode ler?

A Hora de ler é un programa de lectura libre, non dirixida.

O alumnado ten que traer da súa casa ou pedir en préstamo na Biblioteca do instituto calquera tipo de material de lectura (libros, cómics), en función dos seus gustos. Vale tanto o soporte tradicional en papel como o libro electrónico (ebook).

O alumnado pode tamén aproveitar a Hora de ler para ler aqueles libros de lectura obrigatorios ou recomendados polos diferentes departamentos.

Importante:

Na Hora de ler non se admiten como materiais de lectura xornais ou revistas, así como non se permite o móbil como soporte da lectura.

A Hora de ler, como programa de lectura libre, non pode ser utilizada polo alumnado nin para estudar, traballar co libro de texto ou facer tarefas escolares.

Cando ocasionalmente un alumno/a non traia o material de lectura, o profesorado deberá indicarlle qué actividades debe facer. Se algún alumno ou grupo de alumnos non trouxesen material de lectura de modo frecuente tede en conta que se trata dunha actividade de carácter obrigatorio. Poñédevos nese caso en contacto coa responsable do Equipo da Biblioteca.

O profesorado durante a Hora de ler

A mellor promoción da lectura é o exemplo: pedímoslle ao profesorado que durante a Hora de ler dea exemplo ao alumnado traendo tamén o correspondente material de lectura.

Avaliación da Hora de ler

A Hora de ler nin é unha actividade académica nin é avaliable. Nada impide, porén, que cada profesor/a poida dentro das posibilidades que lle permitan os criterios de avaliación do seu departamento didáctico, ter en conta as lecturas feitas, o Caderno de Viaxe e a actitude ante a Hora de ler á hora de dar a cualificación final do seu alumnado.

O Equipo da Biblioteca realiza sempre a final de curso unha enquisa entre o alumnado da Hora de Ler para avaliar a actividade e incorporar estes resultados á Memoria final do PLAMBE.

Entrega de libros do fondo solidario e cheques de material

A entrega fárase según o seguinte horario:

4º ESO   MÉRCORES 7    17:30-20:30

2º ESO   XOVES 8          17:30-20:30

1º ESO   LUNS 12           17:30-20:30

3º ESO   MARTES 13       17:30-20:30

A recollida de libros e cheques de material, se é o caso, debe ser feita polo pai/nai/titor/a legal do alumnado.

En caso de non ser posible, poderá recoller calquera outra persoa maior de idade con autorización expresa e escrita por parte do pai/nai/titor/a legal.

Se non poden vir no horario establecido poden chamar ao centro en horario de mañá e concertar unha hora.

En caso de ser varios irmáns de diferentes cursos poden vir recoller un único día (sempre o último do calendario de recollida)

A recollida farase na aula de audiovisuais á que se accede polo lateral do edificio.

Transporte escolar

O transporte escolar comeza o seu funcionamento o día 8 de setembro en horario habitual. Todo o alumnado da ESO que solicitou praza dispón da mesma. Hai alumnado de Bacharelato que tiña solicitado transporte e non ten praza, poden consultar a listaxe no taboleiro do Centro. Rogamos que aquel alumnado da ESO que non vaia a utilizar o Transporte Escolar de forma habitual e que ten asignada praza o comunique a Vicedirección para que se poida asignar dita praza a alumnado de Bacharelato.

Atención ao público en agosto

Durante o mes de agosto poderanse poñer en contacto co centro a través do correo electrónico ies.arcebispo.xelmirez2@edu.xunta.gal, e atenderase diariamente de 11 a 13 no teléfono 604031798. Por vacacións da única persoa en administración pregamos só se soliciten trámites urxentes.

Fondo Solidario de Libros de Texto: Listaxes Definitivas

 

Publicada a Listaxe Definitiva de admitidos e excluídos.  

   Tal como indica a Orde do 29 de Abril de 2022 pola que se regula a  participación no fondo solidario de libros de texto, esta listaxe publicarase única e exclusivamente no taboleiro de anuncios no interior do edificio.  

   Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou certificado dixital.

O reparto de libros de texto e a entrega de vales de material farase en setembro, segundo o calendario que se publicará na páxina web a principios do antedito mes.

Fondo Solidario de Libros: Listaxes Provisionais

Publicada a Listaxe Provisional de admitidos e excluídos. 

   Tal como indica a Orde do 29 de Abril de 2022 pola que se regula a  participación no fondo solidario de libros de texto, esta listaxe publicarase única e exclusivamente no taboleiro de anuncios no interior do edificio. 

   Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou certificado dixital.

Prazo de reclamacións: Martes 12 e Mércores 13 de Xullo de 2022.

Probas de acreditación de nivel lingüístico.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca para o vindeiro curso axudas para alumnado de 2º BAC, 1º BAC e 4º ESO (por esta orde de prioridade) destinadas á realización de probas de certificación de nivel en lingua estranxeira. Ten prioridade o alumnado dos centros plurilingües, e dependerá do número de solicitudes que o orzamento da Consellería poda chegar para cubrir as axudas ao noso alumnado.

As familias do alumnado interesado deben asinar e presentar, antes de final da semana que vén, o impreso de solicitude co compromiso de participación en caso de que se concedan as axudas. Poden entregalo na conserxería do centro ou envialo por correo poñendo no asunto "solicitude acreditación linguas".

Distribuir contido


by Dr. Radut