Skip to Content

Charla coloquio sobre novos machismos

Os días 11 de marzo e 1 de abril o sociólogo e profesor da facultade de ciencias da educación da USC Jorge García Marín impartiu unha charla-coloquio sobre novos machismos aos alumnos de 3.º e 4.º de ESO .

Novos machismos

Este profesor é un dos grandes coñecedores e investigadores sobre este campo e autor de varios artigos sobre este tema.

Os obxectivos da charla eran reflexionar sobre:

  • Que son os micromachismos?
  • Presentar socialmente os micromachismos a través das diferentes formas de relación social e a través de exemplos de:
    • Spots publicitarios
    • Música
    • Relacións de ocio
  • Que efectos causan os micromachismos na muller?
  • Que se pode facer para erradicar progresivamente os micromachismos?

A comunidade educativa mostra o seu agradecemento a ANPA tanto pola colaboración e interese mostrado polo tema como facilitando a súa implementación.

Novos machismos

Novos machismos



page_ppp | by Dr. Radut