Skip to Content

Asistencia: Sesión de xuízos

O día 6 de novembro de 2019 o alumnado de 4ESO das materias de Filosofía e de Valores Éticos acudiu aos Xulgados de Santiago para poder presenciar xuízos (non penais) e así poder observar directamente como funciona a nosa Xustiza.

Aínda que non houbo moita “sorte” porque parte dos xuízos se suspenderon (por exemplo porque as partes chegaron a un acordo) finalmente puideron ver algún procedemento interesante (reclamación de anos de traballo despois dun despido, reclamación respecto á categoría laboral e execución hipotecaria). 

Sesión de xuízos

Quizais o que resultou máis interesante foi a explicación que lle proporcionaron de xeito altruísta as persoas que levaban as defensas e as acusacións sobre o que sucedía (ou non, xa que houbo un xuízo que se suspendeu porque se tivo que convocar a unha terceira parte implicada) na sala.

O alumnado quedou satisfeito coa experiencia, aínda que houbo bastante que esperar ata que se celebraron os xuízos e mesmo cambiar de edificio para poder ver algún.

Foi, polo tanto, unha experiencia didáctica moi produtiva grazas as avogadas, aos avogados, e a todo o persoal dos xulgados que nos atenderon magnificamente.

Moitas grazas polo trato, pola vosa atención e polas vosas explicacións!



page_ppp | by Dr. Radut