Skip to Content

Viaxe a Altamira, Atapuerca e o val do Arlanza - Febreiro de 2015

VIAXE A ALTAMIRA E ATAPUERCA

XOVES 19 DE FEBREIRO - DOMINGO 22 DE FEBREIRO DE 2015

FILOSOFÍA E HISTORIA

 

XOVES 19 DE FEBREIRO: ¡ALTAMIRA!

•Saída de Santiago de Compostela (na dársena de autobuses do instituto) ás 6 de mañá

•Chegada (estimada) a Altamira ás 12:30 (a viaxe dura alrededor de 5 horas, pero hai que contar coas paradas preceptivas).

•Tempo libre para comer (recoméndase traer algo xa da casa) e para pasear por Santillana del Mar.

•14:00 - 15:30. Visitas guiadas a neocova e ó museo de Altamira. Visita gratuita.

•15:30 saída cara Burgos.

•Chegada (estimada) ó hotel en Burgos ás 18:30

 

VENRES 20 DE FEBREIRO: ¡ATAPUERCA!

•Almorzo no hotel (horario fixado polo mesmo)

•10:30 - 12:00: Xacementos Sierra de Atapuerca. 

•12:30 - 13:30 : Parque Arqueolóxico. 

•Ó rematar a visita, saída para Burgos e alí visita á Catedral e logo tempo libre ata a seguinte actividade. 

•18:15 - 19:45: Visita guiada ó Museo de la Evolución Humana. 

•Tempo libre ata a hora de cear (fixada polo hotel)

 

SÁBADO 21 DE FEBREIRO: ¡COMARCA DO ARLANZA!

•Almorzo (hora fixada polo hotel)

•Saída cara Santo Domingo de Silos; viaxe de aproximadamente una hora e quince minutos. Temos que estar en Silos un pouco antes das 12, xa que aí estaría o tope para poder facer a visita ó mosteiro. As 13:00 horas ten que estar rematada a visita ó mosteiro xa que é a hora de peche. Paseo polo desfiladeiro de La Yecla (a 2 km. de Santo Domingo de Silos).

•Hora libre para comer (probablemente en Silos) (tamén podemos optar por desprazarnos xa a Lerma, leva uns 45 minutos chegar, e comer alí)

•17:00 : chegada a Lerma para realizar unha visita guiada, de aproximadamente 75 minutos, ó conxunto histórico-artístico.  

•Saída cara Burgos, ó rematar a visita. A viaxe ata Burgos é de aproximadamente 45 minutos.

•Tempo libre antes da cea (segundo o horario fixado polo hotel)

 

DOMINGO 22 DE FEBREIRO: REGRESO A SANTIAGO DE COMPOSTELA

•Saída sobre as 9:00 da mañá (se o permite o horario de almorzo no hotel) cara Santiago de Compostela

•Paradas preceptivas polo camiño. Parada en León a comer.Se é posible lle pediremos á axencia que nos consiga un lugar onde comer co prezo de menú do día.

•Chegada a Santiago de Compostela entre as 19 e as 20 horas (contamos con que o alumnado vos avise da hora exacta da chegada para que non teñades que esperar máis da conta ou corrades o perigo de chegar tarde).

 



story | by Dr. Radut