Skip to Content

Visita do alumnado de tecnoloxía ao parque eólico experimental de Sotavento

O martes 4 de abril o alumnado da materia de tecnoloxía de 3º e 4º ESO e de 1º BAC realizou una visita ao parque eólico experimental de Sotavento. Despois dunha breve introdución teórica ao concepto de enerxías renovables e as súas vantaxes, pasamos a vistar a vivenda bioclimática e un aeroxerador por dentro.

A visita á casa bioclimática foi sen dúbida unha das partes mais interesantes da experiencia, o alumnado descubriu cales son as claves para construír unha vivenda sustentable incluindo aspectos relacionados co aforro enerxético, o aproveitamento da auga da choiva, o illamento das paredes, a orientación ou a iluminación con luz natural en espazos interiores, entre outros. 

Tamén houbo tempo para un pequeno descanso e incluso para saborear un chocolate quente feito nunha cociña solar que se pode ver na imaxe sobre estas liñas. 

Rematamos a visita coa apaixoante experiencia de ver un aeroxerador por dentro. Entrando en grupos de 5, porque no interior o espazo e moi pequeno, os alumnos e alumnas puideron botar unha ollada ao mecanismo interno e á escaleira pola que os técnicos suben ata a góndola da parte superior.

Aproveitamos a ocasión para agradecer ao equipo de Sotavento a súa amabilidade e o seu esforzo nas explicacións de toda a instalacións. Aínda que contabamos con poucas horas para estar alí, conseguiron, coa súa boa organización, que dese tempo a ver todo o que tiñamos previsto.



story | by Dr. Radut