Skip to Content

2016/17

Visita ao CIMUS - Alumnado da materia Psicoloxía de 2º de Bacharelato - 1/2/2017

O mércores 1 de febreiro de 2017 o alumnado da materia de Psicoloxía (optativa de 2º de Bacharelato) realizou unha visita guiada ás instalacións do CIMUS en Santiago de Compostela.

Ruth González organizou ata o mínimo detalle todo e, ademais, guiounos polas instalacións comúns do centro. Jannette Rodríguez e Juan Parga ensináronlles os laboratorios onde traballa o grupo de investigación sobre a enfermidade de Párkinson. Amparo Pérez fixo que comprenderan a importancia da investigación básica na elaboración de fármacos mostrándolles as instalacións do grupo Innopharma.

Colaboracion do IES Arcebispo Xelmírez II coa ONG Families4peace

Aquí tedes o vídeo da colaboración do noso centro coa ONG Families4peace, na que se xuntaron 200 caixas de roupa e comida para aos refuxiados en Tesalónica.

Conferencia: "Consumo de drogas e uso problemático da internet na adolescencia"

O luns 19 de decembro de 2016 o alumnado da materia de Filosofía de 4ESO e da materia de Psicoloxía de 2BACH tivo a sorte de escoitar a Sandra Golpe Ferreiro, doctoranda en Psicoloxía,  impartir unha conferencia sobre o "Consumo de drogas e uso problemático da internet na adolescencia". Sorte pola calidade da conferenciante, sorte pola súa cercanía, sorte polo tema tratado que entra de cheo na súa cotidianeidade ó ser algo que ou pode afectarlles a si mesmos ou a algún igual ... Moita sorte ten o noso alumnado con esta xente tan xenerosa.

Os 100 minutos que gardamos para a charla souberon a pouco; tanto é así que a Sandra non lle deu tempo a comentar as preguntas que o alumnado lle tiña enviado.

Gracias Sandra. Xa te volveremos a chamar!

Festival de Nadal 2016

Aquí podedes ver o festival do Nadal 2016

Distribuir contido


by Dr. Radut