Varias empresas foron visitadas polo alumnado de formación profesional do Centro. Os da familia profesional de Xestión e Administración coñeceron Miramar Cruises, unha axencia online especializada na venda de viaxes de cruceiros. O seu CEO, Hugo Iglesias explicoulle a súa traxectoria profesional no que especificou cómo deu o paso para converterse en emprendedor e ofreceulles unha visita guiada pola empresa situada no porto da Coruña. Pola súa parte o alumnado da Agraria visitou Os Biosbardos, unha empresa de Cambre de agricultura ecolóxica baseada nos principios da Permacultura. Esta empresa produce diversos produtos ecolóxicos, tendo como un dos seus principais clientes os empregados de Inditex, da sede de Arteixo. Ademais a empresa tamén supón un espazo colaborativo onde compartir coñecemento con toda aquela xente que queira unirse ao proxecto. Na visita, o alumnado puido ver como xeran o seu propio fertilizante a través da compostaxe de residuos vexetais da propia parcela e de empresas de xardinería que traballan pola zona e que llos ceden. A maiores coñeceron como elaboran biofertilizantes asesorados por un técnico orixinario de Colombia e con ampla experiencia no sector. Outro elemento destacable da visita foi o galiñeiro automatizado a modo experimental O emprendedor desta empresa indicou que ten unha forte demanda de produto que non son capaces de cubrir. A visita rematou coa experiencia de Paula Patiño, unha emprendedora que abandonou o sector asegurador para crear a súa propia empresa no mundo da alimentación e lanzou este emprendemento de por en marcha unha rede sostible conformada por produtores ecolóxicos da zona e o seu propio laboratorio en Os Campóns. Da súa empresa, Acastrexa saen produtos culinarios cunhas receitas singulares que contan con demanda en distintas partes do mundo como Xapón, Alemaña ou Estados Unidos entre outro.

Diseño