OLLADAS do ALZHEIMER

O pasado 23 de setembro todo o alumnado de 3º ESO acudiu á exposición OLLADAS do ALZHEIMER , que - magnificamente organizada por AFAMO- tivo lugar na Sala de Exposicións Mercado de Abastos de Moaña durante unha semana e que contou, entre os seus colaboradores, co IES AS BARXAS. Velaí algunhas das impresións que lles causou a algúns dos nosos alumnos:

  • "Fíxome reflexionar moito. Teño por seguro que, se algún familiar meu desgraciadamente ten que pasar por esta enfermidade, coidareino co mesmo amor e tenrura co que me coidou a min" (Ainhoa López)
  • "Grazas a xente que creou a exposición, grazas ao seu traballo, aos seus esforzos, a súa adicación, puiden sentirme mais cerca do meu avó, e puiden comprendelo e iso é maravilloso. Porque ainda que el se esquecese de quen son, eu sei que me quere moito, como eu a el" (Uxia Reboiro)
  • "Eu non coñezo a ninguén con esta enfermidade pero non podería deixar de chorar. Danme moita pena porque olvidanse dos seus seres queridos, perden o sentido común e non falan. Doeríame moito que o meu avó se olvidase de min, de todos os momentos felices que vivimos xuntos. Para que isto non pase moi ou tan rápido hai que axudarlles a exercitar a memoria. Cómo facelo? Pois preguntándolle como era de neno, como foi a súa boda, etc...En resumen, facéndolle pensar na súa vida" (Myriam Rios)

(máis fotos)