Elías Portela no IES As Barxas

Esta mañán visitounos Elías Knörr, alter ego de Elías Portela ( Cangas do Morrazo, 1981). Elias é un poeta e tradutor en galego e islandés. Con este pseudónimo medieval foi escollido coma un dos tres poetas máis representativos da lírica actual islandesa, na centésima edición da" Poetry Review" do Reino Unido. A súa obra baséase nas posibilidades das palabras e na busca dunha inspiración completamente externa ao autor. Adapta ao galego, imaxes e conceptos poéticos doutros idiomas, entre eles, a súa lingua artificial propia," lwyma"