ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25

O  prazo para presentar solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso escolar 2024/25 será entre o 1 e o 20 de marzo. O alumnado que xa está matriculado no noso centro non ten que presentar solicitude de admisión, xa que as súas prazas están reservadas para o seguinte curso sen necesidade de realizar ningún trámite.

Máis información  

Concurso MiniVideos

O Departamento de Normalización do IES As Barxas convoca o I Concurso de MiniVideos.

BASES

Presentar unha gravación (ou varias) de curtametraxe breve que teña como moralexa unha frase típica en galego, ou na que se represente unha escena cómica á que ben se lle podería aplicar o dito típico galego que escollades. Por frase típica enténdese calquera refrán, frase feita ou simplemente algunha construcción fraseolóxica que se fixera coñecida por calquera razón.   

A duración non deberá exceder os 2 minutos.

Pode ser mudo ou con son, pero todo canto apareza falado ou escrito ha ser en galego.As voces hanse entender.

O dito elixido ou ben estamparase escrito sobre a imaxe ou ben emitirase coa voz de xeito forte e claro. Non vale unha referencia circunstancial, senon que ha ser central no argumento.

O vídeo debe ser en formado Mov ou Avi.

Debes traelo nun pen-drive e pasarllo ao Coordinador do EDNL, o Profesor Brais Pérez. El copiarao e devolveravos o pen. Tamén a través dun mestre ou dun membro do EDNLinguaquetraba que llo faga chegar a el.

Débese incluir un documento de Word no que poñades o título da minicurta, o nome e apelidos dos participantes, o curso ao que pertencen e a súa función na minicurta.

Escolleremos os mellores para un pase o Día das Letras e para a TV do Recibidor do Insti nos recreos.

A convocatoria constará dunha única fase na que un xurado neutral xulgue as curtas e elixa a que mellor executada estea. Haberá un gañador en cada categoría, que levará premio: Unha para 1º, 2º e 3º da Eso;  Outra para 4º Eso, 1º e 2º Bach e Adultos.

A gala de entrega de premios terá lugar no festival audiovisual do Instituto, na que tamén se exporán.

Valorarase que sexa creativo, orixinal e cómico. O traballo dos actores e do cámara. Adecuación dos escenarios e da caracterización

O prazo de presentación dos vídeos remata o 9 de maio