Charla "Defensa da Ría"

O xoves 20 de marzo os alumnos de bacharelato e 4º ESO asistiron a unha charla, no salón de actos do Centro, sobre "A Defensa da Ría". A charla foi impartida por membros da PDRV (Plataforma pola defensa da ria de Vigo) e  estivo dividida en dúas partes:

Por un lado, D Serxio Regueira (presedente da PDRV) falou, entre outras cousas, da evolución histórica da explotación da Ría de Vigo (mostrando datos de que número de persoas vivían do mar, número que acadou un máximo durante finais do século XX e como decreceu nos derradeiros anos) e tamén da apariencia (mostrando fotos de como era a costa da Ría antes de que se fixeran os recheos da Ría de Vigo, coma o de Bouzas, zonas nas que se modificaron as correntes mariñas e nas que se depositan lodos contaminados).
Por outro lado, se falón tamén de algúns aspectos que fan especial á Ría de Vigo; como é a súa orixe e a presencia de correntes que permiten o afloramento de vida (o fitoplancto) e que esta Ría sexa tan rica (a pesares de esteamos acabando con ela). Tamén expuso como nos últimos anos, o nivel de contaminación de certos metais como o cobre aumentou nas augas da Ría (principalmente polo uso de certas pinturas nos cascos dos barcos, que permiten evitar que se lles peguen moluscos) e das consecuencias que isto ten para a vida na Ría.