Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Obradoiro interxeneracional

 

    

Estimadas familias:

A biblioteca do IES do Barral quere convidarvos a unha actividade coa que levamos soñando xa hai un tempo.
Precisamos avós, avoas, pais, nais, profes e alumnado para compartir aquelo que estamos seguras que temos en común: a memoria.
Só será posible se vindes compartir as vosas historias e así as faremos eternas...
Podedes consultar premendo na imaxe se queredes saber algo máis ou escribirnos a:

GRADUACIÓN 4º ESO 2021-2022

O dia 22 de xuño tivo lugar a festa de final de curso, con actuacións de moitos dos nosos alumnos e alumnas. Tamén asistimos á graduación do noso alumnado de 4º de ESO. Estas son algunhas imaxes deste dia

Instruccións para o pago de taxas de bacharelato

Instruccións para o pago de taxas de expedición do título de bacharelato con tarxeta bancaria (sen ir ao banco) e instruccións para cubrir o impreso

Instruccións
Impreso

Modificación da concreción curricular

Documento do centro que, ao abeiro da orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, regula os seguintes apartados:

1 Criterios xerais para a avaliación do alumnado.

2 Criterios do outorgamento de mencións honoríficas (primaria) e matriculas de honra (ESO/BAC)

3 Decisións e criterios xerais na modificación das programacións didácticas do curso 2021/22.

4 Aprobación e publicidade da modificación da concreción curricular.

ERASMUS + 2022

O dia 28 de marzo os nosos antigos alumnos Camila, Gonzalo e Martín, déronnos unha charla sobre as súas experiencias formando parte do plan ERASMUS + e deixáronnos información de interese para quen quera implicarse no proxecto.

Aquí tedes os seguintes enlaces:

Web do portal nacional de Erasmus +, onde aparece información do proxecto en España: 

http://www.erasmusplus.gob.es/#page-top

Máis información sobre distintos tipos de proxectos neste portal europeo da xuventude:

https://erasmus-plus.ec.europa.eu/es/acerca-de-erasmus/que-es-erasmus

Para participar en algúns Youth Exchange, a UE busca a participación local en asociacións, pero para atopar algúns, podedes buscar sobre todo en Facebook, por exemplo, estes dous grupos publican bastantes anuncios: https://www.facebook.com/groups/youthforeuropean/ ,

https://www.facebook.com/groups/erasmusplusyouthexchanges .

Para quen quera facer un interrail no verán, o prazo é entre o 7 e o 21 de abril. Esta é a páxina web: https://europa.eu/youth/discovereu_es .

 

CANTOS DE REIS

O traballo realizado polos rapaces e rapazas de 1º ESO do curso pasado en colaboración co CIFP A Granxa foi seleccionado polo Gabinete provincial dos Edlg de Pontevedra para a súa difusión en "O Portal da Lingua Galega" da Secretaría Xeral de Política Lingüística.


Este é o enlace:

Documental "A tradición ancestral das danzas e cantos de Reis"

Distribuir contido