Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Pleno infantil

O día 19 de novembro levouse a cabo o pleno infantil no Concello de Ponteareas. O IES do Barral estivo representado por dous dos seus alumnos, Alejandro e Sabela, de 2º de ESO.

           

 
Momentos do pleno. No minuto 00:46 fala
Alejandro e no minuto 1:04 Sabela

Graduación 4º ESO 2020-2021

O 22 de xuño de 2021 o alumnado de 4º de ESO celebrou a súa graduación no patio do IES. Amosamos aqui algunhas imaxes do evento.

Premio de poesía

O alumno de 1º Bacharelato Sebastián Táboas Pazo acaba de recibir o 1º Premio de Poesía da IV Edición do Certame de Relato Curto e Poesía do IES Francisco Asorey!

Anxo Rodríguez Rodríguez, de 2º de Bacharelato, tamén conseguiu unha mención no mesmo certame!

Moitos parabéns para os dous!

Rancho de Reis

A tradición ancestral das danzas e cantos de Reis

FRANCÉS NO IES DO BARRAL

Vas comezar 1º de ESO e non sabes que lingua estranxeira escoller?

Xa estás no instituto e tampouco sabes que lingua estranxeira escoller?

No IES do Barral ofértanse: francés, inglés e portugués. Podes escollelas como 1ª ou como 2ª lingua.

Bota unha ollada a este vídeo feito polo noso alumnado para axudarche a decidir.

Portugués no Barral

O grupo de portugués de 1º da ESO do IES do Barral quere explicarlle aos futuros alunos e alunas do instituto que teñen a oportunidade de aprender portugués como primeira ou segunda língua ao longo do ensino secundario. Para isto montaron este vídeo onde podes ver como son as clases de portugués e que papel ten a lingua portuguesa no mundo

EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS

CONCURSO DE CURTAMETRAXES

EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS

 O Departamento de Matemáticas do IES do Barral desenvolveu a nivel de centro o concurso "Explicoche Matemáticas" convocado pola USC. O obxectivo do concurso é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes breves nas que se explique en galego un concepto matemático.
      

GAÑADORES

             1º PREMIO                                        2º PREMIO

   Alba Rivas Bernárdez                        Ainhoa Arriola Pérez
       1º Bacharelato A                       Pedro Martínez Martínez
                                                                   Darío Pérez Paz

                                                                      4º ESO A e B   

              VÍDEO                                           VÍDEO 

 
 
Distribuir contido