Convocatoria das becas MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2024/25

Xa saíu publicada a convocatoria das becas  MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2024/25 dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias (BAC, FP grao básico, medio e superior, curso de acceso e preparación para probas de acceso á FP, ensinanzas artísticas profesionais e superiores, ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores e Universidades).

 
Dende o Ministerio de Educación e Formación profesional solicitan que deamos a máxima difusión da convocatoria e do prazo de presentación de solicitudes, petición que facemos extensiva ao voso centro para que poida ser coñecida polo voso alumnado.
 
Con esa finalidade e sen prexuízo de que a expoñades en lugares visibles do centro, achegamos un documento informativo elaborado pola sección de becas para que o remitades, a través da aplicación Abalarmóbil ou outro medio electrónico do que dispoñades para facer comunicacións, ás familias do alumnado ou ao  alumnado maior de idade. (Enlace ao documento por si é da vosa utilidade: https://amtegabox.xunta.gal/index.php/s/XNcQCJYrx27Be2T)