Benvida

IES  Santiago  Basanta  Silva

Correo electrónico:

ies.basanta.silva@edu.xunta.gal

Teléfono: 982870872

Enderezo:

Cidade Cultural, Rúa do Estudante s/n, 27800 Vilalba, Lugo

 

 

Premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024

Hoxe, 29 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben  en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

Contacontos Club de Lectura de Francés

O alumnado do Club de lectura de Francés descubriu hoxe, a través dunha actividade de contacontos, un pouco da cultura francófona da man do profesor Samuel Mountoumnjou. 

  

VIAXE DIDÁCTICO-CULTURAL Á CORUÑA

O día 20 de marzo de 2024 o ALUMNADO DE 4º ESO, e o profesorado acompañante viaxamos á Coruña co obxectivo de coñecer a “CIDADE DE CRISTAL”, visitando especialmente, a TORRE DE HÉRCULES e os MUSEOS CIENTÍFICOS: DOMUS e a CASA DAS CIENCIAS. Comezamos visitando a DOMUS, museo interactivo, dedicado de maneira global e monográfica ao estudo do SER HUMANO, que busca espertar a curiosidade e a reflexión sobre este. Logo dirímonos cara a TORRE DE HÉRCULES, símbolo da cidade, construción de orixe romana (século I), testemuña dos sistemas de navegación desde a Antigüidade e declarada Patimonio Mundial da Humanidade. Fixemos a subida e baixada dos 234 chanzos que a conforman. Impresionantes as vistas desde arriba!!!! Despois do xantar, fomos cara a CASA DAS CIENCIAS, un dos primeiros museos interactivos de España, visitamos a exposición, practicando e xogando coa gran variedade de fenómenos físicos e, asistindo á sesión do PLANETARIO. Xa, para rematar, realizamos un percorrido polo lugares máis significativos da cidade: Praza de María Pita, Galerías da Marina e a Cidade Vella. Que bonita cidade!!! Aprendimos moito, e, sobre todo, disfrutamos dun día inolvidable!

  

Convocatoria das becas MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2024/25

Xa saíu publicada a convocatoria das becas  MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2024/25 dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias (BAC, FP grao básico, medio e superior, curso de acceso e preparación para probas de acceso á FP, ensinanzas artísticas profesionais e superiores, ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores e Universidades).

 
Dende o Ministerio de Educación e Formación profesional solicitan que deamos a máxima difusión da convocatoria e do prazo de presentación de solicitudes, petición que facemos extensiva ao voso centro para que poida ser coñecida polo voso alumnado.
 
Con esa finalidade e sen prexuízo de que a expoñades en lugares visibles do centro, achegamos un documento informativo elaborado pola sección de becas para que o remitades, a través da aplicación Abalarmóbil ou outro medio electrónico do que dispoñades para facer comunicacións, ás familias do alumnado ou ao  alumnado maior de idade. (Enlace ao documento por si é da vosa utilidade: https://amtegabox.xunta.gal/index.php/s/XNcQCJYrx27Be2T)

Instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato de Galicia no curso 2023/24

Resolución do 28 de febreiro de 2024, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato de Galicia no curso 2023/24

EXCURSIÓN PARÍS

Un ano máis, o alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC descubriu, percibeu e disfrutou da Cultura e Sociedade francesa, da súa Historia, Arte, Deporte, Ciencias e Gastronomía en Paris no mes de decembro 2023 con moitas aventuras e moito frio no marco da materia de francés.

VIAXE DIDÁCTICA A XIXÓN: VISITA Á CIDADE, CASA MUSEO JOVELLANOS E UNIVERSIDADE LABORAL

O día 25 de outubro o alumnado de 4º ESO de Xeografía e Historia, acompañado de seis profesoras realizou unha viaxe a Xixón co obxectivo de visitar a Casa Museo de Gaspar de Jovellanos, destacado escritor, político e ilustrado español, que tivo un gran protagonismo na historia do noso país, así como a Universidade Laboral, monumental edificio catalogado como o máis grande de España, construido no pasado século, cun estilo clásico, baixo a dirección do arquitecto Luis Moya, e hoxe reconvertido en Cidade da Cultura. Ademais, coñecemos esta bonita cidade da costa asturiana percorrendo os lugares máis destacados: Praia de San Lorenzo, barrio de Cimadevila, Porto deportivo, Praza Maior, Palacio de Revillagigedo….A xornada resultou, ademais de didáctica, divertida e gratificante para todo o alumnado, que disfrutou convivindo e compartindo momentos e experiencias, das que lles quedará, sen dúbida, un fermoso recordo e aprendizaxe.

    

VISITA A A CORUÑA DO ALUMNADO DE 1º BACHARELATO DE HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO

O DÍA 17 DE OUTUBRO O ALUMNADO DE 1º BACHARELATO DE HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO ACOMPAÑADO DE DÚAS PROFESORAS VIAXOU Á CORUÑA PARA ASISTIR A UN XUÍZO PENAL NA AUDIENCIA PROVINCIAL, Á DOMUS E AO ACUARIO.

PROGRAMADA ESTA VISITA COMO UNHA ACTIVIDADE TRANSVERSAL NA QUE SE TIVO COÑECEMENTO DO PODER XUDICIAL NO MARCO DA SEPARACIÓN DE PODERES PROPIO DUN ESTADO DEMOCRÁTICO DE DEREITO. ASÍ MESMO VISITAMOS A DOMUS, MUSEO INTERACTIVO NO QUE SE MOSTRA A EVOLUCIÓN DO SER HUMANO, A REFLEXIÓN SOBRE A NOSA ESPECIE DE FORMA ENTRETIDA E MOTIVADORA. APRECIAMOS O NOSO ECOSISTEMA MARÍTIMO A TRAVÉS DA VISITA AO ACUARIO.  FINALMENTE, PERCORRIMOS OS LUGARES MÁIS EMBLEMÁTICOS DE A CORUÑA: GALERÍAS DA MARIÑA, PRAZA DE MARÍA PITA, TORRE DE HÉRCULES……

FOI UNHA XORNADA MOI ENRIQUECEDORA E DIVERTIDA!!!!

    

Probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos durante o curso 23-24 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación

 

Trala publicación no portal educativo da Consellería de Educación da resolución do 29 de setembro de 2023, pola que se regula a xestión das probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos durante o curso 23-24 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, nos niveis de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato. No noso caso será para examinarse de inglés, que é a primeira lingua estranxeira de todo o noso alumnado.

 

AVÍSASE ao alumnado interesado en presentarse a estas probas durante o curso 23-24, que DEBE DESCARGAR E CUMPRIMENTAR O IMPRESO DE COMPROMISO INDIVIDUAL de presentación ás probas, DISPOÑIBLE aquí mesmo , e ENTREGALO NAS OFICINAS DE ADMINISTRACIÓN, ANTES DO LUNS 30 DE OUTUBRO 

Distribuir contido