VIAXE DIDÁCTICA A XIXÓN: VISITA Á CIDADE, CASA MUSEO JOVELLANOS E UNIVERSIDADE LABORAL

O día 25 de outubro o alumnado de 4º ESO de Xeografía e Historia, acompañado de seis profesoras realizou unha viaxe a Xixón co obxectivo de visitar a Casa Museo de Gaspar de Jovellanos, destacado escritor, político e ilustrado español, que tivo un gran protagonismo na historia do noso país, así como a Universidade Laboral, monumental edificio catalogado como o máis grande de España, construido no pasado século, cun estilo clásico, baixo a dirección do arquitecto Luis Moya, e hoxe reconvertido en Cidade da Cultura. Ademais, coñecemos esta bonita cidade da costa asturiana percorrendo os lugares máis destacados: Praia de San Lorenzo, barrio de Cimadevila, Porto deportivo, Praza Maior, Palacio de Revillagigedo….A xornada resultou, ademais de didáctica, divertida e gratificante para todo o alumnado, que disfrutou convivindo e compartindo momentos e experiencias, das que lles quedará, sen dúbida, un fermoso recordo e aprendizaxe.

    

VISITA A A CORUÑA DO ALUMNADO DE 1º BACHARELATO DE HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO

O DÍA 17 DE OUTUBRO O ALUMNADO DE 1º BACHARELATO DE HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO ACOMPAÑADO DE DÚAS PROFESORAS VIAXOU Á CORUÑA PARA ASISTIR A UN XUÍZO PENAL NA AUDIENCIA PROVINCIAL, Á DOMUS E AO ACUARIO.

PROGRAMADA ESTA VISITA COMO UNHA ACTIVIDADE TRANSVERSAL NA QUE SE TIVO COÑECEMENTO DO PODER XUDICIAL NO MARCO DA SEPARACIÓN DE PODERES PROPIO DUN ESTADO DEMOCRÁTICO DE DEREITO. ASÍ MESMO VISITAMOS A DOMUS, MUSEO INTERACTIVO NO QUE SE MOSTRA A EVOLUCIÓN DO SER HUMANO, A REFLEXIÓN SOBRE A NOSA ESPECIE DE FORMA ENTRETIDA E MOTIVADORA. APRECIAMOS O NOSO ECOSISTEMA MARÍTIMO A TRAVÉS DA VISITA AO ACUARIO.  FINALMENTE, PERCORRIMOS OS LUGARES MÁIS EMBLEMÁTICOS DE A CORUÑA: GALERÍAS DA MARIÑA, PRAZA DE MARÍA PITA, TORRE DE HÉRCULES……

FOI UNHA XORNADA MOI ENRIQUECEDORA E DIVERTIDA!!!!

    

Probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos durante o curso 23-24 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación

 

Trala publicación no portal educativo da Consellería de Educación da resolución do 29 de setembro de 2023, pola que se regula a xestión das probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos durante o curso 23-24 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, nos niveis de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato. No noso caso será para examinarse de inglés, que é a primeira lingua estranxeira de todo o noso alumnado.

 

AVÍSASE ao alumnado interesado en presentarse a estas probas durante o curso 23-24, que DEBE DESCARGAR E CUMPRIMENTAR O IMPRESO DE COMPROMISO INDIVIDUAL de presentación ás probas, DISPOÑIBLE aquí mesmo , e ENTREGALO NAS OFICINAS DE ADMINISTRACIÓN, ANTES DO LUNS 30 DE OUTUBRO 

INFORMACIÓN EDIXGAL

INFORMACIÓN EDIXGAL PARA AS FAMILIAS E ALUMNADO DE 1º DA ESO

POÑEMOS A DISPOSICIÓN DAS FAMILIAS A GUÍA EDIXGAL QUE FACILITA A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN. RECOMENDAMOS PRESTAR ESPECIAL ATENCIÓN Á INFORMACIÓN RELATIVA AO SEGURO DE ORDENADOR QUE SE LLE RECOMENDA FACER A TODAS AS FAMILIAS (PÁXINA 6 DA GUÍA)

GUÍA EDIXGAL

O seguro tamén se pode dar de alta na seguinte páxina web: https://coberturasir.plexus.es/

Aplicación de xestión do Servizo Integral de Reparación de Plexus. Dende aquí poderá rexistrar a cobertura dos seus equipos

Diploma de Estudos en Lingua Francesa ( DELF B1 e B2, 2023)

Diploma de Estudos en Lingua Francesa ( DELF B1 e B2, 2023)

15 alumnos de bacharelato do noso centro, aprobaron as probas  para a optención do Diploma de Estudos en Lingua Francesa ( DELF B1 e B2), a través dun acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e o Servicio de Cooperación e de Acción Cultural da Embaixada de Francia en España. As probas orais e escritas foron realizadas o xoves e o venres, (20, 21, 26 e 27 de Abril 2023), a través do centro acreditado da Alianza Francesa da Coruña.

 

VIAXE ALUMNADO 3º DA ESO A LEÓN

O ALUMNADO DE 3º ESO, ACOMPAÑADO DAS PROFESORAS SUSANA LÓPEZ GONZÁLEZ, MERCEDES GONZÁLEZ OTERO, BEGOÑA QUEIRO VERDES, LAURA DÍAZ CABANAS E Mª TERESA LÓPEZ BOUZA, VIAXOU A CIDADE DE LEÓN, NA QUE VISITAMOS O MUSEO DE LEÓN, A CATEDRAL E O CONVENTO DE SAN MARCOS, FACENDO UN PERCORRIDO POLAS SÚAS CÉNTRICAS RÚAS PARA CONTEMPLAR GRAN PARTE DO SEU PATRIMONIO CULTURAL E ARTÍSTICO. ADEMAIS VISITAMOS ASTORGA PARA COÑECER O PALACIO GAUDÍ E A CATEDRAL, ASÍ COMO O CASTELO DOS TEMPLARIOS EN PONFERRADA.

FOI UNHA VIAXE MOI ENRIQUECEDORA E AMENA, DA QUE GARDAREMOS UN FERMOSO RECORDO!!! 

   

CALENDARIO FIN DE CURSO 2022-2023

CALENDARIO FIN DE CURSO 2022-2023 (PREMA NO ENLACE PARA VER O ARCHIVO ADXUNTO)

Distribuir contido