8M_RUEIRO FEMINISTA NO IES SANTIAGO BASANTA SILVA

8M_RUEIRO FEMINISTA NO IES SANTIAGO BASANTA SILVA

Un dos grandes retos deste novo século, segue a ser acadar a igualdade de dereitos das mulleres respecto dos homes. Neste senso, un dos nosos principais obxectivos é educar, día a día ao noso alumnado, na igualdade de xénero, realizando actividades e aplicando todos os recursos posibles para educar e concienciar nesta realidade.

É neste senso que, dende BIBLIOTECA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, polo 8 de marzo, Día Internacional da Muller, bautizamos os diferentes espazos do centro con nomes de mulleres relevantes, de Vilalba e da Terra Chá, na meirande parte grandes descoñecidas. Foi o escaso protagonismo das mulleres, nas rúas das diferentes vilas da comarca, que nos levou a realizar o noso propio rueiro feminista. Deste xeito, demos nome de muller aos diferentes corredores e espazos do instituto. Mulleres valentes, silenciadas ou non suficientemente coñecidas. Ademais, algún espazos darán nome tamén a oficios exercidos noutrora maioritariamente por mulleres, das que existen moitísimos exemplos na nosa vila. Oficios escasamente valorados pero imprescindibles para o desenvolvemento da vida.

#8M na #BibliodoAgustín

  

8 de Marzo Día Internacional da muller

Preme no enlace 8 de Marzo Día Internacional da Muller para acceder a os materiais didácticos


23-F Una estrela para Rosalía

CATRO SONETOS PARA ROSALÍA. Entrega dos premios aos catro mellores poemas do RETO POÉTICO da cafetaría. Ana Montenegro levou o primeiro premio e os de honra foron para Sara Basanta, Mariña Esmorís e Elisa Felpeto de 1⁰ da ESO. Moitos parabéns para elas!

 

 

Distribuir contido