COMEZA O TORNEO DE DEBATE "PARLAMENTO XOVE" PARA O EQUIPO DA ESO DO IES DE BECERREÁ

O sábado día 9 de marzo desenvolveuse a fase de clasificación deste concorrido torneo galego de debate para os equipos compostos por alumnado da ESO dos distintos centros participantes, sumando un total de 22 equipos (www.parlamentoxove.com).

Os representantes do noso centro son as alumnas de 4º da ESO Tamara Simón Ferreiro, Marcela Miñambres Pardo e Paula Rubio Rodríguez, xunto co seu compañeiro de curso José Antonio Fernández Pérez. Como é habitual, o coordinador do grupo é o profesor Jesús Folgueira. Polo que respecta ao resultado desta xornada, non puido ser mellor para este equipo: vencedores dos tres debates realizados, acadaron tamén o primeiro posto na clasificación por puntos (aquí podes ver a clasificación final). Parabéns por este resultado que reflicte o nivel do traballo preparatorio e pola experiencia vivida nunha xornada de convivencia con outr@s participantes (aquí podes ver algunhas imaxes dos debates do noso equipo).

O próximo sábado serán os dous equipos de Bac os que nos representarán na fase clasificatoria desta categoría, na que un dos equipos do IES Becerreá resultou vencedor na pasada edición.

COMEZA O TORNEO DE DEBATE "PARLAMENTO XOVE" PARA O EQUIPO DA ESO DO IES DE BECERREÁ