CO DESEXO DO MELLOR PARA A NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA

Esta postal é a felicitación do Nadal para toda a comunidade educativa do centro, e AQUÍ podes ver o vídeo dos actos da nosa festa do 22 de decembro.

XOGOS CLÁSICOS DE MESA POLO NADAL

PREME AQUÍ para coñecer a fondo esta actividade, coordinada desde a biblioteca, e que se está a desenvolver no centro nos leceres previos ás vacacións do Nadal. AQUÍ atoparás imaxes interesantes.

XOGOS CLÁSICOS DE MESA POLO NADAL

OBRADOIRO DE ESCRITA CREATIA A CARGO DA ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ

AQUÍ podes informarte sobre o evento e AQUÍ ver algunhas imaxes das/dos protagonistas.

OBRADOIRO DE ESCRITA CREATIA A CARGO DA ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ

CHARLA DA USC: "MOLÉCULAS EN ACCIÓN"

Dentro desta campaña de charlas nos centros educativos, organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela, o xoves 15 de decembro desenvolveuse no noso centro a que leva por título "Moléculas en acción", destinada ao alumnado de 3º da ESO e ao de Física e Química de 4º. A cargo do profesor José Ramón Leis Fidalgo, da Facultade de Química, levouse a cabo esta conferencia con demostracións directas de fenómenos físicos e reaccións químicas, coa reactividade como fío condutor das mesmas, ao tempo que se salientaba a aplicación directa pasada, presente e futura do estudio das moléculas na evolución da humanidade. AQUÍ quedan algunhas fotos do evento.

CHARLA DA USC: "MOLÉCULAS EN ACCIÓN"

XORNADA DE CONVIVENCIA ENTRE ALUMNADO DE 4º DA ESO E MAIORES DE BECERREÁ

As alumnas e alumnos de 4º da ESO desenvolveron unha xornada de convivencia interxeracional cos maiores do Concello de Becerreá que acoden regularmente ao Centro Social da vila, que estivo coordinada desde a titoría do grupo e o departamento de Orientación. Xogos de mesa, relatos de experiencias vitais e un chocolate quente para aliviar as inclemencias dunha tarde de outono, foron as actividades centrais desta primeira experiencia entre alumnado do centro e persoas maiores da nosa contorna máis próxima. ESTAS son as imaxes máis destacables da xuntanza.

XORNADA DE CONVIVENCIA ENTRE ALUMNADO DE 4º DA ESO E MAIORES DE BECERREÁ

ALUMNADO DE RELIXIÓN DE BACHARELATO VISITA SANTIAGO

Nunha actividade organizada polo departamento de Relixión e que contou coa colaboración do departamento de Xeografía e Historia, o alumnado desta etapa visitou a Catedaral de Santiago de Compostela e o Mosteiro de San Martiño Pinario.  AQUÍ tes algunhas imaxes da visita, especialmente do percorrido polas cubertas da Catedral.

ALUMNADO DE RELIXIÓN DE BACHARELATO VISITA SANTIAGO

O IES DE BECERREÁ REXEITA A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Este é o vído que amosa os actos celebrados para conmemorar o Día Internacional para a Elimincación da Violencia contra a Muller. Se queres ter máis información sobre o desenvolvemento dos acontecementos, PREME AQUÍ.

 

ALUMNADO DE RELIXIÓN DE 1º E 2º DA ESO VISITA A CATEDRAL DE LUGO

PREME AQUÍ para ver  unha pequena selección de imaxes da visita organizada polos departamentos de Relxión e Xeografía e Historia.

ALUMNADO DE RELIXIÓN DE 1º E 2º DA ESO VISITA A CATEDRAL DE LUGO

TORNEO COMARCAL DE BÁDMINTON ESCOLAR

Coma en cursos anteriores, de novo desprazámonos ata o CPI de San Román de Cervantes para compartir xornada deportiva e de convivencia co alumnado de secundaria deste centro e dos CPI de O Courel, Pedrafita e Navia de Suarna. Pola nosa parte, o grupo participante foi o de 2º da ESO (con algunhas ausencias). AQUÍ tes unha selección de imaxes das e dos participantes nesta xornada de deporte comarcal, sempre esperada con ilusión e desenvolta cunha máis que saudable convivencia. 

TORNEO COMARCAL DE BÁDMINTON ESCOLAR

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E MAGOSTO 2022

 OBTÉN AQUÍ máis información sobre a celebración do Samaín.

Distribuir contido