INFORMACIÓN ALUMNADO |
ESTE é o calendario das probas extraordinarias para o alumnado de 2º de Bac con materias suspensas despois da avaliación ordinaria. Os exames terán lugar o xoves 6, venres 7 e luns 10 de xuño. |
|||
AQUÍ podes descargar o calendario coas datas máis salientables do remate do curso. |
|||
DESCARGA AQUÍ información básica sobre a convocatoria 24-25. DOCUMENTO INFORMATIVO sobre o procedemento telemático de solicitude. AQUÍ podes descargar a resolución de convocatoria publicada no BOE.
|
|||
DESCARGA AQUÍ o resumo que ofrecemos da resolución da Consellería de Educación (publicada o día 1 de marzo), pola que se ditan instrucións para desenvolver, por primeira vez, a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso 2023/24. Si se desexa participar nas probas específicas que se mencionan, os centros educativos temos de prazo ata o día 15 de marzo para inscribir telematicamente ao alumnado que o desexe. Agradécese que aquelas persoas que poida ter interese na inscrición da proba fagan a súa solicitude antes desa data. PREMENDO AQUÍ poderías acceder a unha demo das probas de acreditación. |
|||
AQUÍ podes descargar a Orde da Consellería de Educación que regula a utilización dos teléfonos móbiles nos centros educativos por parte do alumnado. A información de maior interese aparece no Anexo da mesma (a partir da páxina 7, aparecendo subliñado o contido máis importante). |
|||
Se tes algunha materia pendente de 1º de Bac, DESCARGA AQUÍ o calendario fixado para a celebración dos exames, que se desenvolverán entre os días 15 e 19 de abril. |
|||
PREME AQUÍ e obterás o protocolo de funcionamento do noso comedor escolar, onde se recolle información de importancia sobre este servizo para as familias e os/as usuarios/as do mesmo (tipo de xestión do comedor, obxectivos, menús, normativa básica, obrigas o normas para as familias e alumnado, ...). |
|||
Neste apartado ofrecerase a información sobre os menús do comedor do centro. AQUÍ podes descargar o menú para o 3º trimestre, ofrecido pola empresa concesionaria do servizo do comedor para o curso 23-24, "Eurest Colectividades S.L." |
|||
ESTA É UNHA A GUÍA que ofrece información ás familias para que os nosos fillos/as poidan sacar o máximo proveito da web, ao tempo que evitan os seus riscos. Na dirección www.edu.xunta.es/navegaconrumbo pódese atopar máis información. Axuda ao teu fillo/a a compartir de forma segura a través da rede. INFORMATE AQUÍ. |
|||
Se PREMES AQUÍ, poderás acceder a unha guía válida para que calquera membro da nosa comunidade escolar (pais, alumnado, docentes ...) poida entender mellor o fenómeno do maltrato escolar e así evitalo ou combatilo coa maior eficacia posible. Máis que unha guía infalible, é un documento que nos debe levar á reflexión sobre un tema tan delicado como este. Esperamos que sexa de valor para todos e todas. |
|||