TOMATES E PIMENTOS
Enviado por Anónimo o Dom, 25/03/2012 - 18:18
Este mércores 21 de marzo, tres dos integrantes do grupo, Adrián Amor, Adrián Noya e Julián Fontáns, plantaron 3 plantas de tomates e 1 de pimento verde.
A semana vindeira esperamos plantar outras dúas de pimentos.
As plantas transplantadas hai pouco máis dunha semana están comezando a medrar a bo ritmo.