8 DE MARZO CO TEATRO DAS MANIOTAS!!

Para conmemorar este día 8 de Marzo,  compartimos con todos vos o primeiro vídeo dunha serie  deles sobre a vida de mulleres científicas e pioneiras ao longo da historia.

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

ATELIER DE CRÊPES

O xoves 29 de febreiro o departamento de francés organizou a visita dun food truck de crêpes de La Bretagne ao noso centro para todo o alumnado de francés de 2º, 3º e 4º da ESO. 

Ao longo da mañá, houbo exposicións de cultura francesa, representacións de diálogos, obradoiro para aprender a facer crêpes e finalmente a mellor parte: a degustación!

Agardamos que non pasen outros 4 anos antes de repetir unha experiencia tan diferente e divertida como o propio 29 de febreiro!

ALIMÉNTATE BEN: CUARTO LIBRO DE RECEITAS SAUDABLES DO IES DE BRIÓN

Portada libro receitas 2022-23

Outro ano máis, o IES de Brión publica o cuarto volume do Libro de receitas saudables.

Accedendo ao libro poderedes ver unha escolma de receitas, vídeos e menús saudables e saborosos, deseñados e creados polo alumnado de 1º de Bacharelato do curso 2022-23.

Isto é o que nos din Maura Garea e Pablo Docasar, do traballo desenvolvido para facer este Libro de receitas saudables:

"Para fomentar unha alimentación saudable e variada elaborouse un libro de receitas onde se recollen menús propostos polo alumnado inspirados polo prato de Harvard.

Para isto constituíronse parellas ou grupos de traballo para realizar un menú ao seu gusto, que cumprise as premisas establecidas para obter o máximo aporte nutricional do alimento, e así conformar o libro de receitas.

A receita que realizamos nós foi unha tortilla francesa con queixo e cenoria, acompañada dunhas noces e tomate natural, un prato creativo que nos pareceu interesante e ademais nos aportaba todo o que precisabamos.

Así aprendimos que comer san non requería moito esforzo nin tempo, e o noso corpo agradeceránolo.

Facer este traballo resultounos moi entretido e educativo, e desfrutamos cociñando e comendo!

Animámosvos a levar a cabo algunha destas receitas!"

Premendo na portada do libro ou no arquivo adxunto, pódese ver ou descargar o libro.

No libro, premendo na icona de vídeos de youtube, accédese a cada receita.

No libro, premendo na icona de menú, accédese ao menú saudable completo.

  • Para ver o Volume I do libro de receitas saudables, premer na seguinte icona:

Icona premer

  • Para ver o Volume II do libro de receitas saudables, premer na seguinte icona:

Icona premer

  • Para ver o Volume III do libro de receitas saudables, premer na seguinte icona:

Icona premer

Parabéns ao alumnado de 1º de Bacharelato polo traballo realizado!

COME BEN E SAUDABLEMENTE!

Icona libro de receitas

OBRADOIRO DE XOIERÍA EN POLOS CREATIVOS

O martes 20 de febreiro a partir das 14:45 h no Polo Creativo do IES de Brión terá lugar o primeiro Obradoiro de xoiería para deseñar e fabricar  xoias personalizadas.

Convidámosvos a participar, anotándovos previamente nas Aulas de Debuxo ou Tecnoloxía.

PARABÉNS AO NOSO ALUMNADO OLÍMPICO DE XEOLOXÍA!!

Alumnado de 4° de ESO e 1° de Bacharelato participou na Olimpíada de Xeoloxía celebrada en Santiago de Compostela o pasado mércores 7 de febreiro.

Parabéns a Julia Rama, gañadora do accésit de 4°, e a Pablo Vidal, gañador do 2° premio, acadando así o pase á fase nacional que se celebrará o vindeiro 13 de abril en Zamora.

Moito éxito!

ENTROIDO 2024 NO IES DE BRIÓN

LUNS     MARTES     MÉRCORES     XOVES     VENRES

UNHA EXPERIENCIA NUN INSTITUTO DE TORONTO: PROGRAMA PIALE

A nosa compañeira Rebeca Villaverde do departamento de Matemáticas cóntanos mediante esta presentación a  súa experiencia no programa Piale en Toronto do pasado mes de novembro.

Deste xeito podemos ver e coñecer un pouco o funcionamento do sistema educativo canadense.

ENLACE

 icona premer

BOAS FESTAS E FELIZ ANINOVO!

MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

Aquí vos deixamos dous vídeos. Un das moitas actividades que se levaron a cabo ao longo do mes da ciencia en galego na biblioteca:

...E seguindo este enlace podedes ver o reel que crearon para conmemorar o 25N.

Distribuir contido