Departamento de Tecnoloxía

_

O departamento de Tecnoloxía está formado polas profesoras:

Luz R. L. Xefa de departamento, que imparte as  materias de  Ed. Dixital en 3º ESO, Intelixencia Artificial  e Dixitalización  e 4º de ESO,  Tecnoloxía e Enxeñería I II en Bacharelato.

Eva P. F., imparte as  materias de Tecnoloxía e Dixitalización en 1º ESO, Tecnoloxía e Ámbito Científico en 4º de ESO, en 1º de Bacharelato, e Tecnoloxía Industrial II en 2º de Bacharelato.    

Javier A., que imparte Tecnoloxía e Dixitalización en 1º ESO, Tecnoloxía e Dixitalización en 2º ESO, TIC I en 1º de Bacharelato.

PLATAFORMAS DIXITAIS

     

  Aulas virtuais. IES de Brión

Educación Dixital 3º ESO

Dixitalización 4º ESO

Intelixencia Artificial para a Sociedade 4º ESO

Tecnoloxía 4º ESO

TIC I

Tecnoloxía e Enxeñería I

Tecnoloxía e Enxeñería II

   Tecnoloxía e Dixitalización 1º ESO

Tecnoloxía e Dixitalización 2º ESO

Tecnoloxía 4º ESO

Dixitalización 4º ESO

Intelixencia Artificial para a Sociedade 4º ESO

 

Save

Save

Save

Save

Save

OBRADOIRO DE ROBÓTICA

O alumnado de Tecnoloxía e Intelixencia Artificial para a Sociedade de 4º de ESO asistiu o venres  10 de novembro ao Obradoiro Galego "A maxia da Robótica" organizado por IGACIENCIA no IES Menéndez Pidal Zalaeta da Coruña.

igaciencia_1

igaciencia_2 igaciencia_7

O alumnado traballou, compartiu e programou un robot en grupo dirixido por monitores na fase inicialpara superar os retos propostos na seguinte fase. Unha estupenda xornada na que disfrutaron da Programación, Robótica, compartir ideas e propostas para chegar a unha solución final.

D’TEC: INNOVANDO A OMBROS DE XIGANTES

O 27 de outubro o alumnado de 1º de Bacharelato  da modalidade de Ciencia e Tecnoloxía asistiu á actividade "Innovando a ombros de xigantes" do programa D’tec de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas, organizada polo CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol.

Durante a mañán o alumnado participou nun espectáculo no que se rememoraron momentos clave da evolución científico tecnolóxica, recreando experimentalmente as achegas e analizando a súa importancia e  participaron nun scape room  no que un dos nosos equipos rematou os desafíos en primeiro lugar.

Parabéns a todos os participantes e ás máis rápidas en rematar o desafío.

MATERIAS OPTATIVAS E DE OPCIÓN NA ESO

PARTICIPACIÓN DE TECNOLOXÍA E ENXEÑARÍA NO PROXECTO "A CAIXA SOSTIBLE"

O grupo de Tecnoloxía e Enxeñaría I de 1º de bacharelato participou no proxecto "A caixa sostible" da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. O alumnado traballou nas actividades de eficiencia enerxética e pegada de carbono no estudo  dos bloques temáticos de Tecnoloxías sostibles e Proxectos de investigación presentando os resultados acadados no seguinte póster que poderás descargar premendo na imaxe.

CHARLA E OBRADOIRO SOBRE INFORMÁTICA VISUAL

O pasado martes 30 de maio, Eva Cernadas, profesora da da área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial Na USC estivo no centro impartindo dúas actividades:

  • A charla "Por que "nacín" enxeñeira?, dentro do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” co alumnado de TIC I e Tecnoloxía e Enxeñaría I.
  • O obradoiro "Informática visual na Medicina e Bioloxía" co alumnado de 1º ESO B.

Desde o IES de Brión queremos agradecer unha vez máis a Eva a súa labor divulgativa amosando a relación da ciencia e tecnoloxía coa vida cotiá, a través das aplicacións informáticas que desenvolveu no seu grupo de investigación e aproximándonos a referentes femininos, moitas veces descoñecidos no mundo da enxeñaría.

2º PREMIO NA 6ª COMPETICIÓN DE ROBOTS

Alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO participou o venres 21 de abril na 6ª Competición de Robots convocada pola Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.

Ata 600 participantes distribuidos en máis de 100 equipos de toda Galicia competiron nas probas propostas na fase Be-robot correspondente a ESO e Bacharelato.

O alumnado participou na categoría 3º- 4º de ESO na que competían 48 equipos, quedando seleccionados nunha 1º fase clasificatoria que deu paso a unha final dos 12 mellores equipos da categoría. Despois de  moitas probas e axustes de programación, o equipo Brión 1 conseguiu unha estupenda 2ª posición na final, conseguindo  reducir os tempos nas probas e sortear os obstáculos.
Parabéns polo  traballo de grupo e perseveranza.

"600 alumnos de toda Galicia invaden o campus de Vigo con robots" Atlántico, 22/04/23

"Ate 600 estudantes participarán na VI Competición de robots da Escola de Enxeñería Industrial" Código Cero 14/04/23

VISITA AO CITIUS

Alumnado de 1º de Bacharelato visitou o CITIUS o pasado venres 10 de marzo, asistindo a  presentacións impartidas polos seguintes investigadores en diferentes temáticas TIC punteiras:

Presentación do CITIUS        

    Senén Barro 

Computación cuántica: presente e futuro

    Tomás Fernández

Interacción persoa-ordenador

    Alejandro Catalá

Presentación en Linguística Computacional

    Pablo Gamallo

Visita ao Centro de Procesamento de Datos     Fernando Guillén

CITIUS en Twitter

Distribuir contido