VISITA Á AULA NEWTON

Alumnado de 1º de Bacharelato acudiu o pasado 20 de xaneiro á Áula Newton, para desenvolver a actividade: "Voamos con números, unha aventura aérea", na que planificaron os seus propios voos, realizando cálculos matemáticos con unidades, distancia, velocidade e tiempo, para aprender a manexar correctamente a navegación e cumpriron unha misión empregando simuladores de voo avanzados.

SORTEO DA CESTA

O alumnado que viaxa próximamente a París vendeu rifas para sortear unha cesta valorada en 100€, para axudar a financiar a súa viaxe. No sorteo realizado o 12/01/2023 no centro, resultou premiado o número:

1832

Parabéns a Rosario Izquierdo (Chari), que comprou o boleto premiado de Claudia Caamaño, de 1º Bacharelato, e amósase así de feliz coa súa cesta que nos preparou con moito agarimo Delicarium Boutique. De parte de Chari, moi BON VOYAGE a todo o alumnado que vai a París!

SUSPENSIÓN DO SERVIZO DE BUSES MARTES 17 DE XANEIRO HORARIO DE TARDE

Dende a Consellería infórmannos que mañá martes 17 pola tarde non haberá autobús escolar nin de ida nin de volta debido á situación metereolóxica. Polo de agora non temos máis información nin indicacións. 

Un saúdo, 
O equipo directivo.

ALIMÉNTATE BEN: TERCEIRO LIBRO DE RECEITAS, CON VÍDEOS E MENÚS COMPLETOS

portada volume III receitas saudables

Presentamos á comunidade de Brión o terceiro volume do Libro de Receitas Saudables.

Este libro é o resultado do traballo do alumnado de 1º de Bacharelato de Educación Física no curso 2021-22.

En palabras de dúas das protagonistas, este foi o proxecto desenvolvido:

"O proxecto que realizamos o ano pasado para motivar á comunidade de Brión a comer máis san, consitiu nunha grabación dunha curta da preparación dunha receita xunto co menú dun xantar saudable.

Dividímonos en grupos e cada un realizou un prato diferente, para despois recoller todas as receitas nun libro e poder compartilas con calquera que lle apetecera facelas.

Grazas a esta experiencia investigamos e aprendimos sobre a alimentación e a decatarnos da gran variedade de comidas saudables e sinxelas que se poden facer, a gusto de cada persoa.

A receita que escollimos nós fou un cake caseiro con herbas frescas, unha receita alemá creativa, que se pode completar con diversos acompañamentos, para obter un prato orixinal.

Foi unha experiencia moi divertida e educativa, xa que desfrutamos preparando a receita e pasando tempo xuntas. E non só nos gustou a realización do vídeo, se non tamén o pensamento de que quizais chegaríamos a inspirar a alguén a mellorar a súa alimentación, cunha dieta máis sa."

Andrea Bao e Irene Núñez, 1º Bacharelato curso 2021-22

Premendo na portada do libro ou no arquivo adxunto, pódese ver ou descargar o libro.

No libro, premendo na icona de vídeos de youtube, accédese a cada receita.

No libro, premendo na icona de menú, accédese ao menú saudable completo.

Para ver o Volume I do libro de receitas saudables, premer na seguinte icona icona click

Para ver o Volume II do libro de receitas saudables, premer na seguinte icona

Desfruta cociñando e comendo saudable!

FESTIVAL DE INVERNO 2022 NO IES DE BRIÓN

Aquí vos deixamos un vídeo do festival que celebramos o último día deste primeiro trimestre.

A desfrutar das merecidas vacacións!!

 

VISITA DO ALUMNADO DE 3ºESO Á XUNTA E AO PARLAMENTO DE GALICIA

O 7 de decembro, dentro do marco do programa "Coñece as túas institucións", todo o alumnado de 3ºESO tivo a oportunidade de disfrutar de visitas guiadas no Parlamento e na Xunta e aprender moito sobre as súas funcións. Unha boísima experiencia!

UN MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA CHEO DE ACTIVIDADES!

Aquí está o noso vídeo resumo deste mes tan cheo de actividades científicas en galego na biblioteca: actividades variadas que xuntaron moito público que experimentou, xogou, aprendeu, mostrou que se pode facer ciencia en galego e ademais é moi divertido! Parabéns ás e ós participantes e grazas ao profesorado implicado. 

Aquí tedes o noso mes:

25N NO IES DE BRIÓN

Grazas polo voso compromiso!!

O TEATRO DAS MANIOTAS PRESENTA: "SEN MEDO"

O Teatro das Maniotas do noso instituto preséntanos a canción "Sen medo" para conmemorar o 25N de 2022.


ENCONTRO COA ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ

Tivemos a sorte de ser seleccionadas polo Ministerio de Cultura y Deporte como un dos centros escollidos no Programa de actividades literarias en institutos e escollemos a Antía Yáñez, unha das nosas escritoras favoritas, coa que xa tiveramos contacto no pasado pola lectura das suas obras no Club de lectura, para que nos visitara e poder coñecela en persoa. Unha oportunidade da que gozará o alumnado de 1º de ESO e do Club de lectura que acaban de ler obras súas. 
Unha gran sorte compartir este encontro cunha gran escritora!
Distribuir contido