DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Enviado por admin o Xov, 03/11/2011 - 00:52O Coodinadora Galega de ENDL organiza para o día da ciencia en galego unha videoconferencia a cargo do profesor Ángel Carracedo,Catedrático de Medicina Legal e director do Instituto de Medicina Legal e do Grupo de Medicina Xenómica da USC.
A videoconferencia "Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial" terá lugar o vindeiro venres 4 de novembro de 12:30 a 13:30.
Unha introdución sobre o ADN será o punto de partida para achegar as aplicacións da xenética no campo da investigación forense, área no que os grupos de investigadores liderados por Ángel Carracedo lideran a produción científica mundial.
No noso centro será o alumnado de 1º de bacharelato e 2º de bacharelato científico tecnolóxico o que terá a oportunidade de asistir ao evento.
CREACIÓN DUN ESPAZO ARBÓREO AUTÓCTONO. PRIMEIROS PASOS
Enviado por admin o Dom, 23/10/2011 - 21:43
O venres 5 de novembro levouse a cabo a primeira fase do proxecto que se vai desenvolver durante este curso, incluído no programa Voz Natura |
APROBA TODO O ALUMNADO QUE SE PRESENTOU Á PAU EN SETEMBRO
Enviado por admin o Dom, 25/09/2011 - 22:23Aprobou o 100% do alumnado de 2º de Bacharelato do IES de Brión que se presentou este mes de setembro á Proba de Acceso á Universidade.
Parabéns.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59