Orientación

Plan de Orientación curso 2021/22

O Departamento de Orientación, este curso académico 2021/22, está formado por:

  • Marina Mata, orientadora
  • Ada Cuadrado, profesora de pedagoxía terapéutica (PT)
  • Pilar Figueroa, titora do ámbito científico-tecnolóxico
  • Abel Turnes, titor do ámbito lingüístico-social

Adxuntamos, a continuación, o Plan de orientación para o presente curso.

SOLICITUDE DE BOLSAS PARA ALUMNADO CON NEAE CURSO 2023_24


Desde este luns 8 de maio e até o 20 de setembro estará aberto o prazo para a solicitude de bolsas destinadas ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Máis información na seguinte ligazón:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

Anuncio da convocatoria
https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2023-12318

ARQUIVO

FEIRA DAS PROFESIÓNS (4 DE MAIO 2023)

Tras aunar grandes esforzos, os departamentos de Orientación do IES de Brión, o IES de Ames e o IES Xulián Magariños de Negreira convocaron representantes dun amplísimo abanico de profesións e estudos que se deron cita no IES de Ames, para achegarllas a toda a comunidade educativa.

Enlace á noticia

DECIDE O TEU FUTURO: FEIRA DAS PROFESIÓNS XOVES 4 DE MAIO

TRIPTICO: ENLACE

Rachando cos mitos do amor román-TikTok ♥︎

Co gallo da celebración do 14 de febreiro, internacionalmente coñecido coma o Día de San Valentín ou Día dos namorados, o noso alumnado de 4º ESO afondou sobre os mitos do amor romántico e participou, en colaboración coa área de Igualdade do Concello de Brión e Psiconova, nesta Contracampaña ao 14F en ton humorístico.

Aquí vos deixamos diferentes TikTok co noso alumnado como protagonista. Esperamos que os desfrutedes e que vos sumedes tamén a rachar con estes mitos! ♥︎

Marta e Fernando (4º ESO C)

Álex e Álvaro (4º ESO C)

Antela (4º ESO B)

Marta e Candela (4º ESO C)

Paula e Sahínza (4º ESO C)

Candela e María (4º ESO C)

E grazas a todxs polo voso traballazo!!

OrientaLINE curso 2021/22

Orientaline

Xa temos actualizado o programa OrientaLINE para este curso académico!

Animádevos a navegar por el xa que vos resultará de axuda na vosa toma de decisións académicas e vocacionais. Para comezar só deberedes facer clic na imaxe e acceder a través de "Entramos".

Como novidades, no apartado de "Cuestionarios" dispoñedes de dúas novas opcións:

  • Intelixencia emocional
  • Intelixencias múltiples 

Ambas opcións moi interesantes para aprender e reflexionar sobre nós.

Calquera cuestión, dúbida ou suxerencia, pasade polo Dpto de Orientación e falamos!

Marina

ORIENTALINE

Preséntovos o programa Orientaline, nel poderedes atopar información sobre orientación 

académica e profesional que seguro que vos pode resultar de gran utilidade:
- Formación profsional.
- Grados universitarios, Máster, etc.
- Ensinanzas artísticas superiores.
- Certificados de profesionalidade.
- Outros estudos.
- Cuestionarios sobre profesións.
- Cuestionarios para alumnado de 4º de ESO.
- Cuestionarios para alumnado de Bacharelato.
- Itinerarios.
Anímovos a que o empreguedes, só tendes que clicar na pestana que pon "Entramos" e

dirixirvos a porta que ten a información que vos interesa. Calquera dúbida preguntade no

Departamento de Orientación.

ENCONTROS VIRTUAIS COA USC

A USC (Universidade de Santiago de Compostela) dentro do programa A Ponte está organizando para os días 6, 7 e 8 de abril uns Encontros virtuais orientados ao alumnado e as familias. Nestas xornadas realizaranse presentacións das titulacións (titulos de grao da USC), obradoiros, retos e videoconferencias. Pódese acceder a partir do sábado 4 de abril a través do seguinte enderezo https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais


Contacto co departamento de orientación

Durante a crisis do COVID 19 , si queres poñerte en contacto co departamento de orientación podes facelo a través do enderezo da orientadora Esperanza

  esperanza@iesbrion.com

Despois de 2º de bacharelato



Premendo nas imaxes da presentación podes acceder ás páxinas de interese


Distribuir contido