Orientación

Servizo público de emprego

Páxina de inserción laboral , demandas e ofertas de emprego (ministerio de traballo).


Servicio público de empleo

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

Esta semana Sagrario Ferreira Pernas comeza a impartir unha serie de charlas dirixidas ao alumnado dos direrentes niveis da ESO no marco do programa de prevención de drogodependencias que anualmente desenvolvemos no IES conxuntamente con outros centros educativos de Brión, Ames e Negreira.

ESTREA DA ADAPTACIÓN DE "O ENFERMO IMAXINARIO" DE MOLIÈRE

O MÉRCORES 8 DE XUÑO ÁS 12:25 HORAS NA SALA DE USOS MÚLTIPLES ESTREA DA ADAPTACIÓN TEATRAL DE "O ENFERMO IMAXINARIO" DE MOLIÈRE PARA ALUMNADO DE 1º DA ESO

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!

VALORES DE PONDERACIÓN PARA O ACCESO A GRAOS (CURSO 2011/12) E NOTAS DE CORTE

Consulta na páxina da CIUG os parámetros de ponderación das materias da fase específica das pau do SUG para o acceso ao curso 2011-2012 e as notas de corte das titulacións do Sistema Universitario de Galicia para o curso 2010-2011.

COMEZA OPERACIÓN TEATRO 2010/11

18/10/2010 10:00
22/10/2010 10:25

TODOS OS ALUMNOS E ALUMNAS QUE QUEIRAN PARTICIPAR NO PRÓXIMO ESPECTÁCULO TEATRAL “O ENFERMO IMAXINARIO” de MOLIÈRE, QUE SE VAI LEVAR A CABO NESTE CENTRO, DEBERÁN FACER UNHA PROBA PARA ASIGNACIÓN DOS PERSONAXES.  AS PROBAS SERÁN DESDE O LUNS 18   ATA  O VENRES 22  DE OUTUBRO.HORARIO:  1º RECREO ( 10:05-10:25).LUGAR: SALA DE USOS MÚLTIPLES.

AVISO: OS PAPEIS, COS DIÁLOGOS QUE DEBEDES LER, TEDES QUE RECOLLELOS EN CONSERXERÍA.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E ANIMADES ÓS VOSOS E VOSAS COMPAÑEIRAS!

ACCESO A CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Cualificacións provisionais das PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

O prazo de Reclamacións ás cualificacións provisonaisé do 18, 21 e 22 de Xuño

O prazo de presentación de solicitudes de Admisión a ciclos formativos de Formación Profesional é do 17 de Xuño ao 2 de Xullo

Para máis información dos ciclos formativos de FP consulta a seguinte ligazón

Resolución do 11 de Xaneiro do 2010 , da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan de xeito ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos para o ano 2010.

Datas das probas de acceso os estudos de formación profesional de grao medio e superior

Modelos de exames e materiais didácticos

CHARLA SOBRE O USO DE INTERNET

20/04/2010 00:15
21/04/2010 11:15

O instituto organiza unhas charlas sobre o uso e riscos de Internet dentro do Plan Director de convivencia e mellora da seguridade escolar da Comandancia da Garda Civil de A Coruña.

A actividade está organizada para todo o alumnado na aula de usos múltiples co seguinte horario:

DÍA 

 HORA

 SESIÓN

CURSOS 

GRUPOS 

 Martes, 20 de Abril  9:15 a 10:10  2ª  2º ESO  A,B,C
 Martes, 20 de Abril  10:25 a 11:15  3ª  3º ESO  A, B, C, PDC
 Martes, 20 de Abril  11:15 a 12:10  4ª  4º ESO  A, B, PDC
 Mércores, 21 de Abril  9:15 a 10:10  2ª  1º ESO  A,B,C
 Mércores, 21 de Abril  10:25 a 11:15  3ª  1º e 2º BACH  BACHARELATO

O Martes, 27 de Abril ás 19:30 terá lugar a charla: "Usos e riscos de Internet" para as nais e pais de alumnos/as do centro

MEDIACIÓN ESCOLAR

21/04/2010 11:15
21/04/2010 13:15

O departamento de orientación organiza unha xornada de mediación escolar na aula de usos múltiples para informar ao alumnado de 1º de ESO da mediación entre iguais.  A actividade desenvolverase nas 4º e 5ª sesións do Mércores 21 de Abril.

Distribuir contido