Orientación

TITORÍA ENTRE IGUAIS

O pasado sábado 18 de outubro tivo lugar no IES de Brión a primeira das sesións formativas do Programa TEI (Titoría entre iguais) para a prevención do acoso escolar, que se implantará o presente curso 2014/15 para alumnado de 1º e 3º de ESO no noso centro.

A sesión, a cargo do creador do programa, o profesor Andrés González Bellido, estivo dirixida a profesorado deste mesmo centro e de centros da contorna.

A formación está organizada polo CAFI ( Centro autonómico de formación e innovación) en coordinación coa Vicedirección e o Departamento de Orientación do IES de Brión.

O sábado 8 de novembro terá lugar a segunda das sesións formativas, previas á posta en marcha do programa co alumnado.

Para máis información, ver o resumo do programa Crónicas emitido en TVE 2.

O TEI na TVG:

DESPOIS DO ENSINO SECUNDARIO OBRIGATORIO

Remantando o curso 2013-14 o Departamento de Orientación convoca ás familias do alumnado de 4º ESO a unha reunión informativa sobre as saídas ao rematar a etapa de ensino obrigatorio. A reunión terá lugar o martes 17 de xuño ás 19:00 h no IES de Brión. Nesta charla falarase do bacharelato e das materias vinculantes para estudos tanto universitarios como da formación profesional de grao superior, da FP de grao medio, de ensinanzas especiais, etc.

Do mesmo xeito quedan convidadas as familias de outros cursos que queran informarse.

INICIAMOS UNHA NOVA AVENTURA: A E.S.O

O vindeiro martes 17 de xuño ás 12:30 teremos unha xornada de portas abertas para o alumnado de 6º de primaria que no curso 2014-15 se incorporará ao noso centro. Virán acompañados polos seus titores e titoras.

VISITA AO CIFP POLITÉCNICO DE SANTIAGO

13/02/2014 10:05

O departamento de Orientación organiza a visita ao CIFP Politécnico de Santiago para coñecer os Ciclos de FP ofertados no centro, para o vindeiro 13 de febreiro do 2014, dentro da Semana de Portas Abertas

Fonte: CIFP Politécnico

EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL

18/12/2013 12:25
19/12/2013 14:05

O departamento de Orientación organiza unha actividade de educación afectivo sexual con monitores da Cruz Vermella para o alumnado de 4º de ESO. A actividade desenvolverase no centro coa seguinte programación:

  • mércores, 18 de decembro, de 12:25 a 14:05
  • xoves, 19 de decembro, de 12:25 a 14:05

RISCOS DE INTERNET NA POBOACIÓN ADOLESCENTE

O vindeiro mércores 23 de xaneiro ás 19:30 h terá lugar no IES de Brión unha charla relativa aos riscos de internet na poboación adolescente. A charla, impartida por un experto da Garda Civil, é unha actividade programada conxuntamente co CEIP de Pedrouzos e orientada ás familias do alumnado de ambos centros.

Presentarase, asimesmo, o traballo que realiza Servicios Sociais do Concello de Brión en colaboración cos centros educativos.

Universidade de Vigo

Universidade da Coruña

Universidade de Santiago

Distribuir contido